BALONCESTO: O EXTRUGASA IMPONSE A PORTONOVO E ACADA A PERMANENCIA OUTRO ANO NA 1ª ZONAL

Publicado por fru en

EXTRUGASA RIO ULLA = 54

Peñaño (9), Pedrito (-),Diego (6), Cachote (3), Nacho (11), Santi (14), Juanjo (-), Pepi (11).

 LA NOCHE BALONCESTO PORTONOVO = 49

 Acadouse o obxetivo que non era outro que a permanencia con esta victoria que asegura a presenza do Extrugasa outro ano mais entre os mellores equipos da liga zonal. Inda quedan por disputar 2 partidos aprazados, este sabado no Grove contra o Meco, e para a semana en Vilanova, pero a ambos partidos o Extrugasa pode acudir tranquilo, pois Cambados, o equipo que viña por detrás para salvarse, non nos pode coller en victorias, ó ter 3 partidos gañados, e tamén teñen 2 partidos aprazados. A nos, que temos 6 victorias xa non nos poden coller.

 O partido desta maña empezou ben par ao Extrugasa, quen defendeu moi forte os exteriores de Portonovo que erraron moitos lanzamentos (min 5: 12 ?? 2). Nacho e Santi, polos locais, impuxeron seus quilos na zona de Portonovo. Logo entrou en xogo Peñaño, e aguantou o Extrugasa a diferencia ó final do cuarto 16 -9.

 No 2º cuarto, cas rotacións locais, e faltando Gulli, Arturo e Felipe, dispuxeron de minutos os menos habituais, que tamén cumpriron en defensa. Portonovo logrou acercarse a base de velocidade: ataques errados do Extrugasa, incluso con bos lanzamentos, eran contraataques dos de Portonovo. Polos locais a tripleta Nacho-Pepi-Santi seguia anotando os puntos, normalmente debaixo do aro visitante. No descanso victoria local 29 ?? 26.

 

E na 2ª parte Extrugasa que domiñou todo o tempo con diferencias de 2 a 6 puntos ó seu favor. No final do 3º cuarto Santi e Diego dende o exterior mantiveron ó Extrugasa  diante, á vez que Nacho, Pepi e Peñaño descansaban uns minutos. (min 30: 40 – 36).

O empezar o derradeiro cuarto, parecia que os de Portonovo ian poñerse diante (40 -38), e xogando mal os locais, pero 2 triplas seguidas de Cachote e Peñaño dironlle unha nova diferencia ós locais de 5 puntos a falta de 5 minutos: 48 ?? 43.

Portonovo que non tiña o dia no lanzamento exterior, e con Julio de espectador no banquillo (non chegou a xogar) a defensa local intentaba provocar fallos de Norat, Alberto e o base Romero. Tan só a base de correr era coma se mantiñan ahí. Pero entre Nacho e Pepi outra vez anotando na zona, e con Peñaño dirixindo perfectamente a saida da defensa á desesperada dos visitantes, gran dirección de xogo a sua, Extrugasa acadou a victoria.

 

Mencion aparte o gran partido de Santi (14 puntos, 3 tapóns espectaculares, rebotes, defensa, tiro exterior). Pero a sensación foi que todo o equipo dou a cara facendo un bo partido todos: a direccion de Peñaño, a confianza de Diego, tanto á hora de anotar, coma a boa defensa que fixo, mais o xogo interior de Santi-Pepi-Nacho, mais Cachote, Pedrito, Juanjo, Victor? O éxito de hai 1 ano (ascender), queda refrendado ca permanencia nesta liga outro ano mais. e todo elo con xente «da casa», que ten un valor dobre.


1 comentario

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.