Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Festas

Os valgueses “Noise Project” estarán no Festival do Norte de Vilagarcía.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Vilagarcía quenta motores pra vibrar co Festival do Norte.
Nos exteriores do recinto feiral de Fexdega comezaron xa os preparativos de cara á celebración, os videiros días 1 e 2 de maio, dunha nova edición do Festival do Norte, que traerá ata Vilagarcía a un bo número de xente disposta a disfrutar coa actuación dos grupos que se inclúen no cartel. O venres deixarán mostra da súa música Herman Dune, The Whip, Love of Lesbian; X-Wife, Templeton Ragdog, Russian Red, Manos de Topo ou Nouvelle Cuisine, entre outors. Para pechar o evento, durante a noite do sábado subirán aos distintos escenarios The Rumble Strips, Vetusta morla, Delorean, Standstill, Cuchillo, Havalina, La buena vida, Extraperlo ou os valgueses Noise Project.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.