Mañá venres, día 15, entréganse os premios «Letras Galegas 2009» das ANPAS de Catoira, Valga, Cordeiro e Pontecesures.
Participaron neste concurso, que se celebra xa hai máis de dez anos, os alumnnos/as de 4º, 5º e 6º de educación primaria do CPI Progreso de Catoira, do CEIP Xanza de Baño-Valga, do CEIP Ferro Couselo de Cordeiro e do CPI Pontecesures.
Nesta edición a organización, que é rotatoria, correspóndelle á ANPA do CEIP Ferro Couselo de Cordeiro.
Os traballos consistiron en redaccións ou poemas en galego e foron xulgados polos mestres de primaria dos centros.
O venres día 15 de maio, ás 19:00 horas no Auditorio de Ferreirós terá lugar a entrega de premios nun acto aberto ao público.
A ANPA do CPI Pontecesures felicita a todos os participantes e convida a nenos e maiores a asistir a este acto de entrega de premios.
0 comentarios