Hoxe ás 18:30 horas festival folclórico «Letras Galegas 2009» na Plazuela

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Actuarán por esta orde:
-Algueirada de Pontecesures
-Grupo de Casa do Povo de Guimaraes (Portugal)
-Saíñas de Xove
-Xarandeira de Pontecesures.

Hai instalada unha carpa na plazuela para protexer o escenario da choiva.


14 comentarios

Blanco · 18-05-2009 a las 18:54

A verdade e que a diferencia de calidade entre os dous grupos de cesures foi sideral, algueirada ben con bo sonido e un baile con castañuelas fabuloso,
sinto decir o de xarandeira, unha peniña, o dos bailes vergonza allea, solo hai que ver e escoitar un pouco, o día e a noite

lampreeiro · 18-05-2009 a las 19:44

eu discrepo. Penso que en baile está mellor algueirada, agora en canto a voces e gaitas xarandeira ten un moi bo nivel

furabolos · 19-05-2009 a las 18:46

dacordo contigo lampreeiro algueirada ten millor baile, xa que en si o grupo esta formado so por os rapaces de baile,e xarandeira ten mais calidade en musica,so hai que ver a gran numero de gaiteiros que ten, ademais non hai que desprestixiar o seu baile pois o grupo non esta composto unicamente por rapazada,abarca un gran grupo de idades,e iso e digno de admirar poucas asociacions se conservan asi, o falar non ten cancelas,algo a esperar de Pontecesures

Blanco · 20-05-2009 a las 17:54

Non teño ganas de que haxa discusións, pero a diferencia entre Algueirada e Xarandeira foi abismal, en danza en cantareiras e na música, calquera con ollos e oido pudo comprobalo, a clave é a calidade non a cantidade, importa a cordinación no son e no compás, non, o segundo grupo non deu a talla mínima para subir a un escenario nun festival, Que non parezca mal porque o din moitos

musico50 · 21-05-2009 a las 14:39

perdoa Blanco pero eu aqui xa teño ke intervir.douxe a razon de que a diferenza entre os dous grupos foi asombrosa,pero si estiveras un pouquiño mais atento,e tiveras bo oido musical,atoparias que a calidade musical e moitisimo mais grande en xarandeira que en algueirada,cantas gaitas son…que non superan os 20 anos,as voces das pandereteiras,e o que foi todavia máis espectacular foi o toque da tuba e o bombo cos platos naquela canción de baile.En canto a algueirada,teran moitisima mais calidade de baile que xarandeira,pero en xarandeira hai que contar a idade das persoas que bailan que o meu parecer xa é todo un mérito que bailen como o fan,eso non cho discuto xa que nese grupo solo se dedican a repetir eses bailes actuación tras actuacion,normal que lles sain perfectos xa que non teñen outros bailes que mostrarnos,pero en calidade de son,algueirada non lle chega aos talóns de xarandeira;houbo moitismos desafines por parte das pandereteiras e algun que outro fallo na gaiteira,e con esto non digo que sea pesima tocando,ao contrario e unha moi boa musica.
En canto a eso de que mita xente di que a actuacion de xarandeira foi penosa,diralo ti amiguiño,porque eres un metezocas que non sabe máis que criticar e molestar o proximo,e diranno as tuas amizades porque eu escoitei todo o contrario do que ti afirmas.E si dis que algueirada e tan boa,eu non vin a ningun dese grupo romper o lombo a adornar o palco como o fixeron os de xarandeira,pero para lucir modelito e papar sempre hai xente,pero para traballar ninjen se baixa a recoller un papel.
Sin mais,un saudo.

repichoca · 22-05-2009 a las 13:16

Moi boas.

Eu lendo os comentarios desta entrada..o que acabo sacando en conclusión é que deste festival o que se quere facer del é máis ben unha especie de competición entre os dous grupos do pobo(Algueirada e Xarandeira)que un festival folclórico, onde se destacan as nosas tradicións, a nosa cultura..onde se deveríA DE APOIAR TODO ISO.

Este festival penso que se fai,ou devería facer coa intención de incentivar o noso folclore..con teste festival,xunto con moitos outros que se fan na nosa Galicia,o que se intenta é darlle vida ás nosas tradicións,cultura,música..para que non se perda,e para que se sepa valorar..que non quede no olvido;QUE NON SE PERDA.

Pero vendo o que vexo..parece ser que este noso festival o fin que ten para algunhas persoas deste pobo é o de competir entre un grupo ou outro,máis que para apoiar a nosa cultura,que devería ser o que prima neste ideal..pero hai persoas que no único que pensan é en criticar absurdamente «..haber quen foi mellor ou peor,haber quen fixo máis ou menos,haber quen foi de primeiro ou de último..» etc etc..

Cando devería,penso,de haber unha unión máis ben,dos dous grupos para poñerse de acordo e facer deste festival un espectáculo constructivo,deixando delado os problemas persoais de cada quen.

Por favor..DEIXEMOS QUE PREVALEZA O QUE DEVERÍA SER A FIN DESTE FESTIVAL,QUE ? O RESALTE DE NOSA CULTURA E NON CREAR MALESTAR ENTRE OS GRUPOS.

RECORDATORIO:Tamén asistiron dous grupos de fóra que recorreron moitos kilómetros para chegar ata aquí e colaborar neste acto.Penso que se derveríaN de facer críticas máis constructivas e darlle as grazas a tódo-los grupos pola súa colaboración e deixarse de tonterías que non levan a ningures.

Luis Angel Sabariz Rolán · 22-05-2009 a las 14:05

Pois o grupo Algueirada nunca se plantexou competir con ninguen neste festival, e xa van moitas edicións. Preparamos a actuación o mellor que pudemos con estreas de pezas de baile de pequenos e maiores, co debú oficial na gaita de dúas persoas, etc.. Monitores, integrantes dos grupos e pais/nais quedaron moi satisfeitos da actuación. Entendo que haxa xente que non lle gustara o noso grupo. Hai que aceptar as críticas («que o grupo é unha rapazada», «que desafina» «que sempre fai o mesmo»…), aínda que non se compartan. Claro, que a nosa é unha visión subxectiva e parcial. De tódolos xeitos, non conduce a nada discutir. Haberá xente que lle guste máis un grupo que outro por diversas razóns.
Naturalmente, quero felicitar a todos os grupos folclóricos e concluir dicindo que, baixo a miña opinión, o festival foi un éxito un ano máis.

furabolos · 23-05-2009 a las 18:41

e unha pena que se fale desto!para que nos vamos a enganar,os que firman aqui son xente partidaria de un grupo ou outro,asi que.. eu sendo subxectivo podo dicir que un olé! polo baile de algueirada,e outro olé! polos gaiteiros e pandereteiras de xarandeira,canta razon ten «repichoca» non ai verjonsa e NA MÁS!

furabolos · 23-05-2009 a las 18:55

e facendolle unha aclaracion o señor sabariz,decir que o término rapazada foi empregado para esclarecer que xarandeira non esta composto unicamente por xovenes,si non, como ben resalta a vista, por persoas de maior idade,o que me parecer un gran logro,xa que calquera persoa adulta que este interesado en aprender algo da nosa cultura pode integrarse perfectamente. con isto queda dito,en ningun momento se quixo ofender (polo menos da miña parte) os seus integrantes..e iso,vostede pode defender os membros da sua asociacion,pero os demais non teñen representacion nesta feira.

Blanco · 29-05-2009 a las 17:10

Ca, non digo mais, o que queira vivir enganado nunha nube que viva, parece que pode mais a pasión que os oidos, non si ao final meter unha tuba no folclore galego resulta que ten tradición, na puta vida, calquera día vai saír un can a bailar co grupo e reirase toda a peña dirán bravoooooo, que simpatico está o canciño, despídome xa non falo mais. para que?

furabolos · 30-05-2009 a las 14:31

esta claro que si,dentro de pouco «blanco»podes facer camisetas co nome de algueirada,a tua PASION e increibel!fixo que luces unha bonita vestimenta esta primaveira-veran ;),e non sei.. que compares unha tuba (instrumento) con un can (mamifero) e bastante lamentable,creo que innovar nunca ven mal,pero nada eh?ti o teu,espero que o dia que saia ese can esteas ti ali a aplaudir e a dar animos.
saudos!

Princo · 31-05-2009 a las 01:05

Parece que hai xente á que lle gusta demasiado a monotonía. Eu sinceramente, non me gusta revolcarme sempre na mesma merda(con perdon)

Xa sei que solo pretendes crear polémica «blanco», enfin, hai xente que parece disfrutar asi.
Quédame o «consolo» de que xente burra hai en todas partes

galizanaialma · 31-05-2009 a las 12:08

Tras leer os comentarios do señor blanco chego a conclusión de que de oído 0, e de cultura menos 1.
O certame estivo moi ben por parte de todos os grupos e as diferencias foron mínimas.
Con respecto o da tuba señor blanco antes de falar hai que documentarse, xa que en galiza hai tradición de grupos de gaitas tanto con tuba,como con clarinete, requintas e outros moitos instrumentos; debido a que a gaita galega ten a facultade de poder afinar con case todos os instrumentos algo do que deberiamos estar orgullosos.

Cara de cona · 31-05-2009 a las 17:30

O contrabaixo….hai que tocar o contrabaixo…ou cun corno daqueles que usaban os homes das cabernas…jo…jo…jo…

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.