Fillo adoptivo da vila padronesa. Artigo sobre o «padre Enrique».
De seguro que se alguén preguntase en Padrón, por don Enrique Tomás Rodríguez, poucos serían os padroneses que acertarían a dar resposta. Nembargantes , non tería o interesado máis que preguntar sinxelamente polo padre Enrique, para que no intre calquera se daría conta de que lle estaban a preguntar polo frade dominico do convento do Carme. Pois ben istes días a Corporación está iniciando os trámites para nomealo fillo adoptivo.
E que 50 anos, ou sexa medio século, entre nós, ó fronte do convento , e de convivencia padronesa diremos que non só se convirtiu nun padronés mais, é que xa ven a ser coma unha verdadeira institución. A súa presenza a través de tanto tempo presidindo festexos relixiosos de tanta tradición coma as festas da Nosa Señora do Rosario, ou as do Carme, procesións e cantos actos se veñen celebrando no emblemático convento da capital do Sar, aparte a sua estimable colaboración co Concello dando facilidades para a instalación nunha das salas da oficina de Emprego e Colocación Municipal, a disponibilidade para frecuentes e diversas exposicións no monumental claustro, o local do Albergue de Peregrinos , etc. Son algunhas das facetas , aparte do seu trato persoal con fregueses e paisanía en xeral que lle granxearon o aprezo e estima dende que chegou a Padrón, e a quen tal vez se lle deba en grande medida que permaneza aberto ao público prestando servizos relixiosos , o que para os padroneses resulta tan entrañable convento do Carme .
José Castro Cajaraville. TIERRAS DE SANTIIAGO, 17/05/09
0 comentarios