O Elite Electricidade protagoniza a apertura da Copa do Campionato de Futbito de Valga.
Finalizada a Liga, co A Palmeira coma flamante campión, a trixésima edición do Campionato de Futbito de Veteráns de Valga iniciou a pasada fin de semana o seu segundo torneo, a Copa da Liga.
Nos partidos de ida da primeira eliminatoria, tan só o Elite Electricidad semella ter a clasificación para os cuartos de final xa no peto, logo de golear 0-4 o Desigual.
Aínda que sen tanta claridade, tampouco debera ter problemas para zanxar o cruce o campión ligueiro, o A Palmeira, que venceu 0-2 o Benjamín Ramos. O resto das eliminatorias, pola contra, están moito máis apretadas: Trans. Veiga/Bar O Belén 1-0 Bar Muelle; A Cacharela/Karymo 2-1 Cafetería Sol y Mar; Joyería Riveiro 1-2 A Redonda; e A Casa Vella 1-1 Valdeza/Bar Juan. O Extrugasa exerceu de mesa.
Os partidos de volta disputaránse este domingo, de nove da mañá a dúas da tarde. O luns 1 de xuño, ás nove da noite no Bar Muelle de Pontecesures, a organización procederá ao sorteo da segunda eliminatoria da Copa da Liga. Un sorteo con dúas partes, xa que dado o número de equipos do Campionato de Futbito de Veteráns de Valga, trece, será preciso repescar entre os seis derrotados na primeira ronda e o Extrugasa a dous conxuntos para completar os cuartos de final.
LA VOZ DE GALICIA, 27/05/09
0 comentarios