Apoio aos traballadores de Novo y Sierra
TRABALLADORES DE NOVO Y SIERRA
O BNG de Pontecesures quere mostrar o seu apoio aos traballadores de Novo y Sierra. Non só na manifestación deste próximo sábado, senón en calquer outro acto ou manifestación que se produza no futuro. Ademaís queremos deixarlle claro aos traballadores que estamos a súa disposición para calquer cousa que precisen e na que nós lle puidesemos axudar.
Nós cremos que como forza política do pobo de Pontecesures, do cal temos moitos traballadores con esta problemática , temos que estar a súa plena disposición.
Sen maís queremos dende o BNG darlle todo o noso ánimo e apoioe e esperando que en esta loita consigan os seus obxectivos.
E pedirlle a todos os veciños de Pontecesures a que acompañen a estes traballadores o sábado na manifestación.Xa que creemos que o que lles pasa hoxe a eles pódelle pasar mañán a calquera.
Consello local do BNG de Pontecesures
1 comentario
elrober · 30-05-2009 a las 00:32
estou de acordo com esta nota.Pero temém é moi facil escreber e nom actuar.Gostaríame vervos na mani de manhá a algúns dos que redactáchedes esta nota.O que pasou com esta fábrica é umha vergonha,chuparon do bote ata que nom puiderom máis (os «xefes») e despois um ere.E que tenhem ums colhóns cuadrados.Ogalhá nom puidan ter outro negocio nas súas vidas, pra nom poder arruinar máis familias.Um saúdo dende o norte.