Padrón tamén estivo alí.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Un grupo de empresarios padroneses acudiron o pasado 25 á celebración no magno Palexco de A Coruña do Día do Comercio Galego,que baixo o lema «Eu tamén son comerciante» organizou a Federación Galega de Comercio para premiar aos que levan máis de 50 anos coas respectivas tendas comercios abertos ao público.

Os premiados recibiron unha placa co seu nome inscrito para poder expor nos seus comercios sendo de destacar Azafranes Bernardino na rúa coruñesa de Olmos, con nada menos que ¡209 anos! de servizo ao público, convertido no decano do pequeño comercio da provincia.

Por parte da Asociación de empresarios de Padrón-Rois-Dodro foron premiados: Joyeria Escotti, Paulina, Calzados Ruperta, Casa Grobas, Confecciones Morono, Exclusivas Castro, Confecciones Regateiro, Calzados Noia .

No transcurso da xornada que presidiron autoridades e personalidades provinciais, varios oradores coincidiron en significar a importancia do pequeño comercio, creador de numerosos postos de traballo a pesares do crítico momento económico por que atravesa en xeral todo o país.

Ao final animou a velada o grupo musical herculino Amizade que ao igual que as bailarinas foron largamente ovacionados.Os asistentes foron obsequiados nunha sala do mesmo palacio de exposicións e congresos con un viño galego, dándose así por finalizada unha fermosa e interesante xornada que todos disfrutamos .

Artigo de José Castro Cajaraville. TIERRAS DE SANTIAGO, 01/07/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.