Onte celebrouse un concerto de corais na Igrexa de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Foi organizado pola asociación “A Barcarola” e participaron ademais do coro desta asociación a Coral de Carcacía, o Coro de Herbogo, o Grupo Amistad e as solistas Felisa e Iolanda Eiras.
Coa asistencia de bastante público, o concerto comezou ás 20:00 horas na Igrexa Parroquial de Pontecesures.
Rematado o acto, os participantes degustaron unha merenda/cea no Centro Social de Pontecesures.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.