Louzán: «O proxecto Regreso a Casa busca que volvan ao PP independentes que estiveron con nós».
??O obxectivo do PP de Pontevedra é acadar 50 alcaldes en maio de 2011?
??Onde non hai goberno estamos analizando cales deben ser os candidatos? ·· ??O proxecto Regreso á Casa busca que volvan independentes que estiveron con nós? ·· ??Estou a gusto como presidente da Deputación e do PP provincial?
Rafael Louzán (Ribadumia, 1967), funcionario municipal con vocación empresarial e sempre inquieto, conta con escano na Deputación de Pontevedra dende 1995. Líder do PP na provincia dende 2000 e presidente da institución dende 2003, ten no seu ánimo renovar ambas responsabilidades: antes de fin de ano no congreso popular e despois en 2011 tras as municipais.
– Na apertura do curso político en Soutomaior fixou como reto prioritario abordar xa a elaboración das candidaturas para as eleccións municipais. Eso chámase traballar con planificación. ¿Cando deben estar?
– O groso debe estar cerrado, se pode ser, no primeiro semestre de 2010 para os comicios de maio de 2011. ? máis, algunhas candidaturas están case cerradas.
– ¿Cales son os criterios xerais?
– Naqueles concellos onde o PP ten unha maioría folgada hai que consolidala. Estamos traballando nisto. Onde non hai goberno estamos analizando cales deben ser os candidatos e se debemos mantelos ou non. Estamos facendo seguimento municipio a municipio e vendo distintos candidatos que poidan liderar estes concellos.
– ¿Haberá moita renovación?
– No PP de Pontevedra gusta moito a palabra renovación. Nas municipais de 2003 e 2007 houbo unha renovación dos cabezas de lista de case o 50%. Nesta ocasión vai ser igual de ampla. Nas últimas autonómicas, 5 dos 10 candidatos en postos de saída por Pontevedra foron renovados. Eso fala ben as claras.
– Creo que ten en marcha un plan de ampliación da base electoral.
– Temos un proxecto que se chama Regreso á Casa. Consiste en poñer en valor que este é un partido aberto, no que debemos estar todos aqueles que pensamos que é a mellor localización política posible para facer algo por esta sociedade e este país. Hai persoas independentes que militaron no partido noutras etapas e que é preciso fomentar o seu regreso, esa volta á casa.
– ¿Cales son eses grupos?
– Non imos entrar en detalles, pero un caso, por exemplo, é o da Estrada, onde se acaban de incorporar dous concelleiros que teñen practicamente 2.000 votos. Ese é o modelo que estamos facendo e queremos seguir facendo sen espaventos, sen ruído, de maneira silenciosa, porque é a mellor forma de encaralo. Non hai que esquecer que implica
unhas doses importantes de xenerosidade tanto polos que están como polos que volven.
– Agora teñen 37 alcaldías, dos 62 municipios da provincia. ¿Cal é o reto que se fixan para maio de 2011?
– Nas eleccións anteriores a 2007 tivemos 45 alcaldías. O noso obxectivo está en torno ás 50.
– ¿Por que?
– Porque neste momento hai en Pontevedra 50 municipios onde o PP é o partido máis votado. Por eso, reivindico desde aquí unha reforma da lei electoral. Os partidos que gañen, que gobernen; e os que perden, teñen que estar na oposición. Aprema unha refoma da lei electoral de verdade. ? mesmo tempo, tamén é certo que tamén urxe mellorar o pacto antitransfuguismo. Pode, perfectamente, ir todo no mesmo paquete. Incorporemos o pacto antitransfuguismo aí, porque agora o pacto antitransfuguismo non é nada establecido por lei, é un acordo entre partes. Eu creo que ese pacto necesita claramente unha reformulación.
EL CORREO GALLEGO, 26/09/09
1 comentario
estudiante · 26-09-2009 a las 17:55
«Os partidos que gañen, que gobernen; e os que perden, teñen que estar na oposición. Apremia unha refoma da lei electoral de verdade»
Que fariseo é este tipo. Desde a Deputación que preside, e cos cartos que non son del ni do partido, está a fomentar as mocións de censura na provincia. Primeiro expulsan aos tránfugas do partido pra que fajan a moción, e lojo nas sijientes vólvenos a coller no PP e todo listo.»Regreso á casa» Búrlanse de todos e quedan tan panchos.
E inda ten a cara de dicir os que jañen que jobernen e os que perden para oposición, e non se lle pon a cara azul nin doutro color. Mirando solo neste concello de Cesures, Randulfe perdeu as eleccións con rotundidade e claridade e está jobernando. Que mentireiros son e pretenden enjañar a todo quisque.