Póñense a disposición do BNG de Pontecesures as contas das Festas do Carme 2009

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Logo de solicitarse onte por escrito, no día de hoxe se lle enviou dende o Concello a Cecilia Tarela Barreiro un documento resumo das contas de ditas festas.
No documento reflíctese que os ingresos foron de 25.041,90 euros (22.041,90 achegados por particulares e establecementos, e 3.000 de subvención da Deputación de Pontevedra) e os gastos de 40.487,55 euros (detállase o custo do alumeado, orquestras, banda, inchables, fogo, etc… cos datos da facturas).
Se lle comunicou á responsable local do BNG, que ten á súa disposición na Casa do Concello todos os documentos soporte dos ingresos e dos gastos para súa comprobación, os días 21, 22 e 23 de octubro, de 9:00 a 14:00 horas.


1 comentario

terroeira · 21-10-2009 a las 18:52

Joder para Cecilia. Vai descubrir o mundo. Que mire que festas facian seus compañeiros os ultimos anos do seu goberno. Malas, e entre semana. Asi eran que iban 4.
Agora polo menos hai festas das que disfrutar.
¿15 mil euros de diferencia? ¿pagou o concello? ¿Canto gastaba o bloque naquelas festas de merda no 2005 e 2006? Seguro que bastante mais. Asi que sobresaliente. Menos gastos e mellores festas.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.