BALONCESTO: O CANTEIRAS DE PORRI?O E O EQUIPO A ELIMINAR NESTA FIN DE SEMANA PARA QUE AS NENAS INFANTÍS XOGUEN LIGA GALEGA

Publicado por fru o

Logo do sorteo efectuado na Federación Galega  a principios de semán, foi o Canteiras de Porriño quen saiu coma rival co que se vai cruzar o noso equipo infantil feminino. A eliminatoria a dobrepartido é esta vindeira fin de semana.

Sábado ás 12 h. xogarase o 1º partido, en Pontecesures? día seguinte, domingo 1, partido de volta en Porriño, tamén ás 12 da mañá. O equipo gañador da eliminatoria pasará á liga galega 2009-10.

Esperamos conbtar con numeroso público tanto no partido da casa, coma no desprazamento afora. Para elo, sairá un autobus, o domingo 1 dende a explanada a carón da praza de abastos, ás 9.30 da mañá. A chegada está prevista en torno ás 15 horas. A viaxe será gratuita para as xogadoras e acompañantes, ata encher o autobus.

26092009075 web

SORTE RAPAZAS.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.