Un «orgullo» para tódolos veciños de Valga.
No acto inaugural o alcalde, Xosé María Bello Maneiro, fixo un recoñecemento expreso do traballo e esforzo realizados polos integrantes da asociación ??Amigos do Belén? nos últimos meses, co obxectivo de que ??todos poidamos disfrutar agora destas magníficas figuras das que todos nos sentimos orgullosos. A súa tarefa é marabillosa, poden estar moi satisfeitos?, asegurou o primeiro edil valgués, que incidiu en que as arredor de trinta persoas que participaron na confección do belén lle adicaron moito tempo fóra do seu horario laboral, ??e iso é de agradecer?.
Xunto co alcalde tamén acudiron á posta en marcha do nacemento artesanal parte dos edís do grupo de goberno e o vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, José Juan Durán, que, como el mesmo dixo ??xa son un asiduo? na inauguración do belén, un acto que ??marca o inicio do Nadal?.
A imaxinación que lle botan os integrantes de ??Amigos do Belén? foi motivo de loubanza por parte de Durán, que comentou que ??cada ano me sorprendo ao facer o primeiro percorrido e ver as novidades que se van introducindo?. Destacou que nesta representación do nacemento de Xesús ??hai moito da idiosincrasia das xentes de Valga, da súa cultura e do traballo que se realiza neste concello rural de Galicia, que ten as súas propias señas de identidade?. Tamén aludiu ao ??mimo, a adicación e o traballo? que os organizadores depositan en cada figura, e que ??son motivo para sentirse orgullosos?. Rematou dicindo que ??belén como o de Valga non coñezo ningún? e sempre o difunde alá por onde vai.
DIARIO DE AROUSA, 07/12/09
0 comentarios