Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Emprego

Un “orgullo” para tódolos veciños de Valga.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

No acto inaugural o alcalde, Xosé María Bello Maneiro, fixo un recoñecemento expreso do traballo e esforzo realizados polos integrantes da asociación â??Amigos do Belénâ?� nos últimos meses, co obxectivo de que â??todos poidamos disfrutar agora destas magníficas figuras das que todos nos sentimos orgullosos. A súa tarefa é marabillosa, poden estar moi satisfeitosâ?�, asegurou o primeiro edil valgués, que incidiu en que as arredor de trinta persoas que participaron na confección do belén lle adicaron moito tempo fóra do seu horario laboral, â??e iso é de agradecerâ?�.
Xunto co alcalde tamén acudiron á posta en marcha do nacemento artesanal parte dos edís do grupo de goberno e o vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, José Juan Durán, que, como el mesmo dixo â??xa son un asiduoâ?� na inauguración do belén, un acto que â??marca o inicio do Nadalâ?�.

A imaxinación que lle botan os integrantes de â??Amigos do Belénâ?� foi motivo de loubanza por parte de Durán, que comentou que â??cada ano me sorprendo ao facer o primeiro percorrido e ver as novidades que se van introducindoâ?�. Destacou que nesta representación do nacemento de Xesús â??hai moito da idiosincrasia das xentes de Valga, da súa cultura e do traballo que se realiza neste concello rural de Galicia, que ten as súas propias señas de identidadeâ?�. Tamén aludiu ao â??mimo, a adicación e o traballoâ?� que os organizadores depositan en cada figura, e que â??son motivo para sentirse orgullososâ?�. Rematou dicindo que â??belén como o de Valga non coñezo ningúnâ?� e sempre o difunde alá por onde vai.

DIARIO DE AROUSA, 07/12/09

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.