Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

Escrito enviado polo Subdirector Xeral de Estradas sobre a auga da glorieta da Charca.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

En resposta a súa solicitude de información podemos decirlle o seguinte:
No tempo transcorrido dende a súa consulta, as obras foron evolucionando, en estes intres estase precisamente a traballar na solución do drenaxe na glorieta próxima á zona da “charca”, garantindo que a execución das obras non introduza elementos en prexuízo da situación actual.
Esta situación é sobradamente coñecida pola evolución da hidroloxía da zona, independientemente da presenza da estrada e supera as competencias desta Subdirección.
Porén, dende esta subdirección querermos manifestar a intención de
colaborar en todo no que estea ao noso alcance e imos garantir unha conexión mediante gabia dende o tubo de diiámetro de 400 xa existente ata o de 1000 tamén existente, potenciando en todo o posible a saída das augas.
Santiago de Compostela a 9 de decembro de 2009
Luís Miguel Muñoz Bretos

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.