O belén de Campaña espertou gran expectación nos primeiros días.
Como xa é habitual, Valga volveu a ser un dos primeiros concellos da comarca en sumerxirse de cheo no espírito do Nadal. Hai xustamente unha semana inaugurábase en Campaña o Beleén Artesanal en Movemento, que xa cumpre 15 anos e fino batindo récords con más de 3.500 figuras distribuídas arredor de 250 m2 de superficie. A asociación «Amigos do Belén» traballou durante meses para volver a recrear, co seu particular estilo enxebre, o nacemento de Xesús. O resultado semella que foi bo: o blçén amósase aos visitantes con moita máis amplitude, con construcións espectaculares, como as novas casas colgantes, e sobre todo, recollendo a idiosincracia e as tradicións da vila.
A recreación da Batalla de Casal do Eirigo, co enfrontamento entre soldados franceses e locias, a capea de vaquillas na Festa da Xuventude, e o alcalde en Radio Valga, son as novidades que presenta este ano o Belén Artesanal. Quizáis por isto ou pola sona que acadou en toda Galicia, nos primeiros días rexistrou unha gran afluencia de xente, chegando a sorprender incluso aos propios organizadores.
DIARIO DE AROUSA, 13/12/09
0 comentarios