Desde o responsable do BNG de Valga á edil de cultura.
Un dos principais atractivos da exposición é que todo o mundo quere recoñecerse a si mesmo, aos seus familiares, aos seus conveciños…? un momento para a nostalxia e unha oportunidade para descobrir como eran hai uns cantos anos persoas que na actualidade ocupan un cargo máis ou menos relevante, que son mías ou menos coñecidas no municipio ou nos concellos limítrofes, e de aí que os visitantes se conten por centos.
Deste xeito, os máis curiosos poderán xogar a atopar aos «famosos» do concello. Dous deles son o responsable local do BNG, Xosé Manuel Martínez López, máis coñecido como «Peque», que aparece con moi pouca idade nunha fotografía cos seus pais, ou a concelleira de cultura Maricarmen Castiñeiras nuha fotografía de Primeira Comunion que tiña casi esquecida.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 16/12/09
0 comentarios