David Meca afronta o Reto Xacobeo 2010, peregrinando a nado pola ría de Arousa e o río Ulla.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O nadador catalán publicitará o Ano Santo Compostelán con esta acción

David Meca, campión do mundo de natación de Longa Distancia, enfrontarase o vindeiro martes día 5 a un novo reto, o Xacobeo 2010, travesía a nado de algo máis de 20 quilómetros pola ría de Arousa remontando o río Ulla ata a localidade pontevedresa de Pontecesures.

Con este novo reto, Meca pretende converterse no primeiro peregrino en realizar o Camiño de Santiago a nado e rememorar a Ruta Marítimo-Fluvial pola que chegou o Apóstolo Santiago a Galicia no ano 44.

Meca anunciou hoxe a súa nova aventura na Casa de Galicia en Madrid, acto no cal o acompañaron o director-xerente da S.A. do Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, e José Ramón ?nega, delegado da Xunta de Galicia na capital.

O nadador comentou que «é un orgullo poder afrontar un reto con tanto simbolismo » e destacou as duras condicións ás que se enfrontará.

Meca adiantou que o seu maior temor radica nas baixas temperaturas. «A media é de nove graos, con picos en que descende ata os cinco. A isto hai que engadir o vento e a ondada», precisou.

A nova fazaña de Meca está prevista que comece entre as 11.00 e as 12.00 horas do día 5. A chegada dependerá das condicións meteorolóxicas, así como do caudal do río e da marea, pero David espera terminar cando caia a tarde.

David Meca é un experto en grandes travesías a nado. Uniu La Gomera e Tenerife, así como Tenerife e Gran Canaria. No 2006 nadou desde a península ás Illas Baleares, é o primeiro home que cruzou tres veces consecutivas o Estreito de Xibraltar e en dúas ocasións baixou de oito horas na travesía da Canle da Mancha.

EL CORREO GALLEGO, 03/01/10

Despois do Reto, ó día seguinte, Meca ten previsto visitar a catedral de Santiago de Compostela, e mañá día 3 presentará na praza do Obradoiro o equipamento deportivo que utilizará.


7 comentarios

cockydaponte · 4-01-2010 a las 09:43

20 EUROS A QUE NON CHEGA A CATOIRA!!!

sobreiras · 4-01-2010 a las 18:18

¿Que che pasa cockydaponte? ¡Menudo ánimo lle das a David Meca!. Non será que che cabrea que o final da travesía non esté na Ponte. Pois mira, Pontecesures foi declarado pola Xunta Porto do Xacobeo e como ten que ser, pois só a nosa parte do río é navegable e si a Ruta do Mar de Arousa e Ulla chegaba a Padrón foi por ese pantalán de plástico que non sei que políticos mandaron poñer na Ponte. Pois mira, a min ben que me doia que nestes últimos anos a Ruta desembarcase en Padrón e que se celebrasen alí os espectáculos do Xacobeo, cando tiñan que estar en Pontecesures seguramente porque os políticos de turno non superon defender o noso porto como se merece. Non olvides que aquí xa estaban os Astelleros de Xelmírez, de donde saíron os primeiros barcos da Armanda Española, claro que neses tempos nos pertenecíamos a Parroquia de Herbón. Pero ahora Pontecesures non pertenece nin a Herbón, nin a Valga, e ben se merece o noso Porto ser Porto do Xacobeo.

yop · 4-01-2010 a las 23:37

Perdoa sobreiras…. pero o mito Xacobeo naceu en Padrón polo que é alí onde ten que acabar a Ruta Marítima Xacobea dos catamaráns… pantalán dep lástico? parecerache mellor o de Pontecesures… por eso os catamaráns non poden chegar alí???????????? Pontecesures non pinta nada no mito Xacobeo, é algo co que temos que cargar, a cuna e berce do Xacobeo é Padrón e é alí a donde debería chegar Meca posto que se non non está facendo a travesía do Xacobeo só está facendo unha ruta inexistente… Ambos lados do río son navegables e xa ves a donde chegan as embarcacións máis amplas….
ASTELLEIROS???? Non abuses tanto da confianza amigo que cando iso pasou Pontecesures era unha parte máis dos terreos de Padrón… Vaia que raro que so funciona se o porto cando estaba en más de Padrón??? Porto de Pontecesures? Que ten de porto o noso? debe de ser o cartel ese de: Prohibido o acceso a toda persoa axea as actividades portuarias? e que actividades temos?? catro yates aparcados nun pantalán máis cativo ca barandilla do paseo de enfrente a Nestlé….

FIRMADO: Unha cesureña cos pés onde deben estar, na terra…

Luis Angel Sabariz Rolán · 5-01-2010 a las 00:18

Enfrontamento absurdo, e doutros tempos, este de «sobreiras» e «yop». Antes do instalarse o pantalán en Padrón, a ruta chegaba a Pontecesures por razóns obvias (calado e ramplas de desembarco). Despois de instalar o pantalán en Padrón, o barco das autoridades vai a ese pantalán, pero os outros (nas últimas edición houbo moi poucos barcos) tamén veñen as ramplas cesureñas. Ademais, a cerimonia relixiosa de bendición das augas é no medio da ponte interprovincial para que afecte a ámbolos dous municipios.
De tradición xacobea non vou falar, pero «yop», porto, porto, sempre foi o de Pontecesures (transporte de mercadorías, castelos de madeira, os barcos da area, os valeiros, etc…). Foi un porto fluvial moi importante. As sete ramplas e o varadoiro así o indican. Falar de porto na marxe de Padrón, é un pouco forzar a máquina. Na baixa mar, queda todo muy claro.

yop · 5-01-2010 a las 02:26

Certamente Luis Angel… enfrontamento tonto.. pero cando leo algunhas tonterías boto chispas…

sobreiras · 5-01-2010 a las 17:19

O Porto de Pontecesures, pertenece a Portos de Galicia. Que eu sepa Padrón non ten ningún Porto. Xa vos dixen que naqueles tempos, Xan Xulián de Requeixo era parroquia de Herbón, polo tanto administrativamente o noso porto era o porto de Iria Flavia ao que se refiren os escritos antigos. Pero hoxe, meus señores, e esto tamén para o Sr. Eloy, concelleiro de Padrón, pasou a historia,e hoxe o noso Porto e o único Porto do Xacobeo. Despois seguiremos andando a Padrón, a Santiago, e ganaremos o Xubileo.

yop · 5-01-2010 a las 22:56

Aínda temos… un Porto impresionante… mañán creo que chega o Queen Elisabeth… En fin, sobreiras, deixemolo.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.