Descontento dos veciños da Ponte.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Os veciños do núcleo padronés que limita coa provincia de Pontevedra, no lugar de A Ponte, amosan o seu descontento coa actitude de Fomento que os ten, aseguran, sumidos no total abandono. Están conformes e celebran coma todos os padroneses a recente adxudicación para construir a vía de circunvalación da N-550 ao seu paso por Padrón, pero nada se di da proxectada ampliación do tramo da mesma estrada nacional dende Padrón ata A Ponte.

As edificacións afectadas polas expropiación s e demáis trámites hai uns 15 anos atópanse en estado de completa ruina e dan á entrada á vila padronesa dende a provincia de Pontevedra un desolador aspecto terceiro mundista, aparte o perigo que a cotío sofren os veciños dada a estreiteza da calzada sen beirarrúas e con intenso tráfico.

Os veciños expresando o desgusto por ter que escoitar os comentarios negativos de cantos entran a Padrón. “Ata nos nos sentimos avergoñados e non sabemos que lles dicir”, manteñen .

Por outra banda sabemos que o Concello ten reclamado ó Goberno por tan anómala situación mais é o caso que ata hoxe todo segue igual sen solucionar. Ninguén acaba de comprender a situación sobre todo tendo en conta o curto tramo de vía afectado e asemade o intenso tráfico da estrada nacional no núcleo de poboación de A Ponte no concello padronés que limita a provincia de A Coruña coa de Pontevedra.

José Castro Cajaraville. Cronista de Padrón

TIERRAS DE SANTIAGO, 23/02/10


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.