A Fundación Rosalía de Padrón, lembra a Castelo Branco, «irmán na dor».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A Casa Museo da poeta acolleu a visita da Universidade Senior de Famalicão, terra do máis destacado literato do Romanticismo luso ·· Ambas entidades, custodias da memoria dos autores, ratificaron o seu irmandamento

|

«Rosalía de Castro e Camilo Castelo Branco, irmáns no sentido da dor». Con tal emotiva expresión resumía onte Helena Villar Janeiro a unión literaria entre a poeta do Sar e o máis emblemático expoñente do Romanticismo literario de Portugal.

A presidenta da Fundación Rosalía, de Padrón, pechaba con estas verbas o discurso de benvida á Casa Museo a medio centenar de representantes da portuguesa Universidade Sénior de Famalicão e a Fundación Castelo Branco. Igual que entre ambos literatos, tamén son lazos de intimidade os que unen a esta última coa Fundación Rosalía. Onte ambas ratificaba o seu irmandamento como custodias da memoria literaria dos máis destacados nomes propios da literatura do século XIX no noroeste peninsular.

Helena Villar abriu o encontro facendo unha lembraza biobliográfica da poeta do Sar que condensou nas verbas de Xesús Alonso Montero: «Rosalía, poeta con varios poetas dentro». A continuación o presidente da Cámara de Vilanova de Famalicâo, tamén participante na visita cultural, Armindo Costa, debuxou a figura de Camilo Castelo Branco chanceando co seu «temible e terrible espírito irreverente» para dar paso á anécdota máis divertida da mañá: a intervención do propio Castelo Branco resucitado no corpo dun actor, 120 anos despois da súa morte. Así, de boca do propio literato agradeceuse á Fundación anfitrioa o milagre de que «pese a ausencia da poeta pódese atopala de novo aquí sempre e en todo momento».

As declamacións de poemas de Rosalía e Castelo Branco por parte da vicepresidenta da Fundación, Ana Blanco, e da presidenta e os alumnos da Universidade Senior de Famalicâo completaron a homenaxe.

O DATO Percorrido guiado

·· O acto de onte concluíu cunha visita guiada dos visitantes portugueses polas instalacións da Casa Museo Rosalía. A Fundación xa visitou tempo atrás a de Famalicão.

EL CORREO GALLEGO, 17/03/10


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.