Festa dos prezos, esta noite en Maty.
Este sábado, 27 de marzo, na discoteca cesureña Maty, terá lugar esta festa dos prezos, con copas a 1 e a 2 euros.
Este sábado, 27 de marzo, na discoteca cesureña Maty, terá lugar esta festa dos prezos, con copas a 1 e a 2 euros.
4 comentarios
Tachenko · 27-03-2010 a las 22:06
Ideal, promoción seguramente orientada a acuarius ou kas. Para promocionar dende esta páxina, unha idea xenial…
Luis Angel Sabariz Rolán · 27-03-2010 a las 23:16
? curioso, «Tachenko», para tí o importante é atacar ao mensaxeiro. Esta nova que publiquei está na rúa, está na sociedade. Neste medio non hai censura, non agochamos a realidade e cada un saberá o que fai (sobre todo os pais dos xoves, claro). Por suposto que eu non promociono a inxesta desproporcionada de bebidas alcólicas. Para mín é un grave problema o que temos cos botellóns, cos comas etílicos, cos accidentes de circulación provocados por xóvenes bébedos nas fins de semana, con esas competición absurdas de quen é o que aguanta máis copas, de xoves que só saben divertirse bebendo, deses berros pola rúa de persoas bébedas a altas horas da madrugada molestando aos veciños, dos coches con volumen altísimo de música, etc…. ? moi inxusto dicir que Sabariz, ao publicar esta nova, promociona o consumo do alcol. ? un problema social e educacional de primeiro orde. Para algunha xente diga o que diga, publique o que publique, e opine o que opine, é o mesmo. O fundamental é desacreditarme.
Tachenko · 1-04-2010 a las 22:17
Si esa nova non e promocionar a inxesta de alcohol, e que non sabes o que e dous mais dous. Si o que queres e encher a páxina con calquer cousa e outro tema. Respecto o de desacreditarte, creo que tes algo de manía persecutoria, pero bueno…
Duas por unha, pero bebe so unha, jajajajaa……que si non o problema e de teus pais, non de quen fai esas ofertas nin quen as promociona.
Luis Angel Sabariz Rolán · 2-04-2010 a las 01:24
Vexo que non conduce a nada a discusión, «Tachenko». A nova está aí, e cada aun pode pensar o que lle pareza. Dende logo nunca tiven eu a intención de fomentar a inxesta de bebidas alcólicas. Pens que é moi bo que a todos os veciños saiban a oferta en cuestión para sacar as consecuencias oportunas.