ESTE MARTES 30, HABERÁ “PALCO DE ESTRELAS” ADIANTADO.ESTARÁN EN DIRECTO O ALCALDE E TENENTE ALCALDE DE PADR?N

Publicado por DANIEL SEIJAS S.L. o

Debido a que o xoves é festivo e o mercores á noite meu compañeiro Hector Bermúdez e todo o seu equipo de comentaristas retransmitiran o partido de ida da Copa de Europa entre o Arsenal e o F.C. Barcelona, pasarei a facer o programa “Palco de Estrelas”-Radio Valga 107.4 FM mañá martes 30 de marzo, a partir das 19h. ata horas incertas da madrugada.
Teremos coma sempre moitas novidades,coma o de poder escoitar un adianto do novo disco da orquestra Costa Oeste,co tema propio “Mueve tus caderas”,concursos,información de festas….e entrevistaremos ó Exmo Alcalde de Padrón,Don Camilo Forjan Seoane e o tenente alcalde-concelleiro de Cultura Don Eloy Rodríguez Carbía,para falarnos das festas da Pascúa de Padrón.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.