¿Viría o Papa a Padrón?.
¿Viría o papa a Padrón? Esta é a pregunta que nos facemos a maioría dos padroneses, sempre que se propuxese enviarlle unha respectuosa e formal invitación ao Santo Pai ante a sua próxima visita a Galicia.
Neste senso lembramos que algo así ocorreu cando no ano 1982 a Irmandade de Fillos de Padrón elevou un humilde escrito ao daquela Papa Juan Pablo II e no que entre outras cousas se argumentaba ao Santo Pai a trascendenza de Padrón coma referente da estancia do Apóstolo Santiago nestas terras, primeiro seguindo a tradición na súa chegada a España e a estes lugares onde predicou a sua santa palabra evanxelizadora no Santiaguiño do Monte , e máis tarde coa arribada da barca na que os discípulos Atanasio e Teodoro trouxeron os seus restos mortais e a que suxetaron ao Pedrón que se mantén baixo o altar maior do templo parroquial de Santiago de Padrón.
Se quería desa maneira expoñer á Súa Santidade a importancia de Padrón na historia xacobea, ao tempo que se refería no escrito que a humilde petición se centraba en tres puntos, primeiro: lembrar o lugar no que o Patrón de España tocou terra; segundo: se fora posible facer unha alusión ao noso pobo que baixo a protección do Apóstolo aúna a tantos herdeiros da fé que El nos transmitiu; e terceiro, que teña a ben enviar unha bendición apóstólica para a Irmandade e o pobo de Padrón.
Non cabe dúbida, seguía a misiva, que a presenza da Súa Santidade en calquera destes xeitos deixaría profunda pegada entre nós e elevaría aquel espíritu que nos trouxo hai tantos séculos o Apóstolo Santiago a quen nos honramos en venerar coma o Santo Patrón da nosa vila.
Popr certo, nesa súa visita a Santiago no 82 os colleiteiros do famoso pemento de Herbón-Padrón obsequiaron a Xoán Pablo II co Pemento de Prata en simbólico homenaxe de simpatía e admiración dos parroquianos padroneses de Herbón á Súa Santidade.
¿ Verdade que a historia podería repetirse agora ante a visita a Galicia neste ano xubilar do actual Papa Benedicto XVI, e quen sabe se ao mellor con mais sorte que daquela e o Santo Pai viñera a por o seu pé nista mesma terra na que segundo a aceptada tradición tamén antes a pisou Santiago Apóstolo??
Por José Castro Cajaraville.
TIERRAS DE SANTIAGO, 11/05/10
0 comentarios