Actuación do mago, Cayetano Lledó, o venres 13 en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Dentro do programa “Camiños da Cultura”, financiado pola Consellería de Cultura e polo Concello de Pontecesures, o venres día 13 de agosto, as 21 horas, o mago Cayetano Lledó presenta no Centro Social de Pontecesures (Camiño de San Xulián nº 4 – baixo) o espectáculo “Pequena Feira Máxica”, que ten unha duración aproximada de 70 minutos.

Vaise desenvolver un espectáculo de maxia, con comedía e humor indicado para público familiar. Así haberá ilusionismo teatral con maxia musical, comedia, manipulación de cartas e bólas, malabarismo de contacto, clown, cambios de vestiario, mentalismo, telequinesía…

Dende o goberno local faise un chamamento aos veciños para que asistan a este divertido espectáculo.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.