Non se van celebrar os concertos dos Portos Xacobeos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

A primeiros de ano anunciouse que se ía celebrar no porto de Pontecesures e noutros da ría de Arousa un concerto de 3 horas con dous grupos (un para lembrar a música dos 60/70 e outro de pop-rock español de plena actualidade) ao considerarse como un dos Portos Xacobeos o da nosa vila.

En Pontecesures o concerto estaba previsto para o 5 de xuño, pero Portos de Galicia (que organizaba e financiaba o evento) comunicou daquela que o concerto quedaba aprazada ata nova data.

Recibimos con decepción agora a nova, de que o concerto de Pontecesures e todos os demais dos portos xacobeos, quedan suspendido sen máis, por razóns económicas.

Pode entender este concello o sucedido, nestes intres de crise, e agradece que o resto da programación (conferencia, exposición e concerto de música clásica) se levaran a cabo, pero tamén considera pouco serio realizar este tipo de anuncios de actos, con datas concretas, que logo non se poden levar a cabo. Dende logo, estes feitos deixan ás administracións públicas en moi mal lugar a efectos da credibilidade.

Luis Ángel Sabariz Rolán


4 comentarios

estudiante · 27-08-2010 ás 17:07

De coña mariñeira, bueno de coña xacobea. Rinse dos jobernantes do concello, pero ainda pior, rinse de todos os veciños.
E cal é a actiude do Randulfo do PP? Que di? Que fai?
CALAR A BOQUI?A.

jandarola · 27-08-2010 ás 21:27

“CALAR A BOQUI?A” tendela que calar vós, política lingüística, lei dependencia, consellería da vicepresidencia, da igualdade, dos servizos sociais, das galescolas, de toda canta “paxarada hai” e da que non hai, inventadela vos, e cando mirades o peto non hai un “peso”, pois pareceme ben se non hai cartos e non se pode pois non se pode, ¿onde se atopa o problema?, ¿é mellor que se celebre o concerto e logo cobren hostias? deixadevos de “verbas para a galería”, e idevos acostumbrando a apretar o peteiro; a outro lado coa demagoxia barata, ¿que ofrecedes? ¿honradez, dignidade, traballo, efectividade…? “xa o demostrastedes”, só vos falta “repetir candidato”

estudiante · 28-08-2010 ás 10:11

Aprazado o festival do Xacobeo que ía ter lugar o sábado, 5 de xuño.
Por Luis Angel Sabariz Rolán | Publicado: 1-06-2010
Por problemas xurdidos con un dos grupos, comunicouse ao Concello de Pontecesures que o festival incluído na programación ??Portos Xacobeos?, queda aprazado para outra data que está en estudo.

Está claro que neste comunicado aljén mentía, non no aprazamento senón no motivo. Ou mentía a Xunta ou o trijoberno, ou mentía o “propajandas”. O caso e que eran motivos económicos e non outros como finalmente resultou.

Esperemos que cos anuncios da remodelación portuaria non nos vaia a pasar o mismo e quede todo en mera propajanda.

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-08-2010 ás 13:05

Non teño porque enganar con este tema, “estudiante”. Portos de Galicia explicou en xuño que había problemas cos grupos (serían económicos, non o sei), e agora sabemos isto. A miña crítica é clara, creáronse expectativas, anunciouse un concerto para todos os portos xacobeos e non se celebrou en ningún. Falla de seriedade. E non teño porque calalo.

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.