Excursión para maiores do Concello de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Para o sábado 9 de outubro o concello organiza unha excursión a Baiona co seguinte programa:
-Saída ás 8:30 dende a Plazuela con dirección a Baiona con parada no traxecto.
-Visita ao pobo de Baiona, á Virxe da Roca e á carabela A Pinta.
-Comida en Moaña.
-Visita á vila de Cangas de Morrazo e ao cruceiro de Hío.
-Regreso con parada no traxecto.

Prezos: 20 euros de cota xeral e 15 euros de cota reducida (inclúe todos os custos: guía, autobús, entradas, seguro de viaxe). Prazas limitadas.

Inscricións: ata o 5 de outubro.

Requisitos: ser maiores de 60 anos (os/as cónxuxes e/ou parellas de feito están eximidos deste requisito) e estar empadroados/as en Pontecesures.

A cota reducida aplicarase se ás persoas que acrediten documentalmente ter ingresos inferiores a 336 euros mensuais (certificado do INSS ou de entidades bancarias).

Os asentos no autobús serán asignados segundo a orde de inscrición.

Para máis información e inscricións deben dirixirse ao Servizo Social de Atención Primaria ou ás oficinas xerais de 9 13:30 horas e tamén nos seguintes teléfonos: 986/557125 e 986/564409

Categorías: ConcelloTurismo

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.