Por un museo para Carlos Bóveda.
Magnífica iniciativa da Arte Mostra «Santiaguiño do Monte» que capitanea ese infatigable padronés que é Fernando Castaño para que Padrón poida dispor do desexado museo Carlos Bóveda, en homenaxe permanente ao artista pintor que non tan só amosou ca sua arte o gran amor a terra, senón que sempre no mais profundo dos seus sentimentos persoais, coma ben nos consta a cantos tivemos a sorte de haber disfrutado coa sua amizade sentiu por Galiza ainda (ou tal vez por elo) nos anos en que pasou parte da sua vida na Arxentina, tan afastado do seu «terruño» no pintoresco lugar A Ponte- Aldea, en Padrón onde foi nado.
Dice o amigo Castaño e coincidimos plenamente, que sería do mais lamentable que Padrón puidera perder o seu estupendo patrimonio artístico e cultural coma é o extraordinario legado que o popular e sobranceiro pintor padronés deixou por medio da sua dona viuva Sara Paz, e fillos. Para elo sería importante poder contar coa casa natal do pintor padronés e proceder a sua restauración.
Segundo noticia ao parecer hai mais dun Concello alleo a Padrón interesados en poder facerse coa ampla colección das sobranceiras pinturas de Carlos Bóveda ou incluso levalas para Arxentina onde él viviu mais de corenta anos. Esto pode ser, ainda que non debería facer falla, un acicate a ter en conta para que os padroneses en xeral e entidades públicas e privadas se poña mais interése e urxenza en conseguir o fundamental obxetivo dese que outro amigo Miguel Piñeiro, non dubidaría en chamar museo » Bovediano «. Tamén V. Furelos se sumou a inquedanza que todos nestes momentos sentimos por lograr tal proxecto evitando que a obra como él dice de «outro dos nosos» se deixe marchar para fora.
Carlos foi sempre unha «bandeira» destas terras do Sar e Ulla, e de Galiza, ao fronte da sua arte xa en España como asemade noutros paises de Europa e América. Sempre nos representou como diría o ilustre paisano e Nobel, Camilo José Cela, co orgullo que en todo momento dá sentirse de Padrón .
Por José Castro Cajaraville
TIERRAS DE SANTIAGO, 02/11/10
0 comentarios