A Deputación presentará o domingo o seu proxecto de acceso a internet no rural do Ulla-Umia.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O auditorio municipal de Valga é o lugar escollido este domingo, ás doce da mañá, para a presentación á bisbarra do Ulla-Umia do programa Repoblar, a Rede Pontevedra Banda Larga Rural que a Deputación Provincial vén de poñer en marcha en colaboración con varios concellos, entre eles o de Valga. O obxectivo do programa, dotar dun bo acceso a internet os fogares do medio rural pontevedrés.
Coa intención de darlle a maior difusión á iniciativa, a Deputación convocou ao acto os alcaldes dos concellos que integran a comarca: Catoira, Pontecesures, Valga, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas. Xunto a eles estarán o presidente da Deputación, Rafael Louzán, e mais o vicepresidente da área de cultura do ente provincial, José Juan Durán.
A proxección dun vídeo de cinco minutos, e unha breve exposición técnica sobre o funcionamento da rede Repoblar servirán para animar á súa adhesión os rexedores do Ulla-Umia e os veciños da bisbarra que se queiran desprazar ata o lugar, e que terán a oportunidade de preguntar polas súas posibles dúbidas aos técnicos presentes.

LA VOZ DE GALICIA, 17/11/10


5 comentarios

arredemo · 18-11-2010 a las 16:34

e que vai pasar coa inversión feita no pobo nesa magnífica rede wifi que non vai nin a tiros? Lembro: 30.000 euros.

Xitano · 18-11-2010 a las 18:56

30.000?, para que nos entendamos cinco millóns das antiguas pesetas. Eses son cartos públicos ou non? Que cartos máis mal gastados. E o do PP vendendo favores coas claves. O que pasa neste pobo, a wifi que non vai, a alcaldesa de xulgado, porque para eso necesitanse cartos, para pagar os avogados, a xusticia é lenta pero cara, despois estamos en crisis. O que non entendo, aínda o falei hoxe no bar, os veciños conocemonos todos e tamén aos políticos, nunca estamos de acordo con eles, pero despois quén queda, xa o decía Castelao, os dous de sempre.

Luis Angel Sabariz Rolán · 18-11-2010 a las 22:16

O custo da Wifi foi de 40.000 euros (a Deputación puxo 30.000 e o Concello 10.000). Co novo programa este da deputación non sei en que situación queda a compatiblidade dos dous sistemas. Non teño nin idea destes asuntos e haberá que escoitar aos técnicos.

manolo o do bombo · 19-11-2010 a las 10:38

AHORA non tes idea porque foi unha chapuza ,e antes defendias ó endefendiblle que cara dura ,en fin e ó que hai…..

Luis Angel Sabariz Rolán · 19-11-2010 a las 15:15

Lo que quise decir «manolo o do bombo», es que no tengo idea sobre las características, alcance, coberturas, etc… de los sistemas estos de captación de la señal para Internet, y ahora hay que decidir, con el asesoramiento técnico oportuno, los temas de compatibilidad de los mismos y como queda la situación de nuestra red local. Evidentemente no quedé satisfecho de lo sucedido en cuanto a la instalación y puesta en funcionamiento del Wifi municipal (demoras, averías, poca cobertura, etc…) pero, para nada, me desentiendo de lo ocurrido y tengo mi parte de responsabilidad como es lógico. Bueno, sabemos que este mundo de las nuevas teconologías avanza a pasos agigantados. Vamos a ver como se desarolla esta iniciativa provincial.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.