Ruiz Miguel en Valga: «Sudán do Sur amosa que unha solución democrática é posible no Sahara».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

«O recente referéndum de Sudán do Sur sobre a independencia amosa que é posible dar unha solución democrática ó Sahara Occidental», afirmou Carolo Ruiz Miguel, catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago, durante unha comferencia pronunciada no IES de Valga o pasado xoves para os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato. Organizou o Departamento de Filosofía.
O catedrático denuncia que a falta de interese de España é unha das cuestións que está impedindo unha solución para o Sahara Occidental, porque nesta zona estaba previsto un proceso de referéndum moi semellante ó celebrado en Sudán.
En Sudán do Sur, dixo «trátase dun conflito dun territorio histórico e culturalmente alleo ó Norte de Sudán». Despois de vairas guerras, conseguiuse un acordo transitorio para establecer varios anos de autonomía e un referéndum sobre a independencia. A presión internacional fixo que se celebrase e con garantías. O resultado é unha maioría abrumadora dicindo sí á independencia». No Sáhara hai un territorio que o Tribunal Internacional de Xustiza dictaminou non tiña lazos co país que o anexionou, Marrocos, e onde a comunidade internacional tamén aprobou a celebración dun referéndum. Pero foi bloqueado, explicou este experto.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 26/01/11

Categorías: Política

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.