Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

Portos “bacheará” los primeros 500 metros del vial del muelle y pintará los pasos de peatones.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Logo das xestións realizadas polo concello a Xefatura da Zona Sur de Portos de Galicia de Pontevedra, confirmou onte, en breve, será levado a cabo o bacheado nos primeiros 500 metros do vial, partindo da ponte interprovincial. Tamén van ser pintados os pasos de peóns de toda a estrada portuaria.

O mal estado destes primeiros 500 metros xa foi exposto en moitas ocasións. Os baches, e incluso socavóns, son habituais, cos correspondentes riscos para a circulación. Xa nalgunha ocasión algún conductor fixo no ente público algunha reclamación de responsabilidade patrimonial por danos no seu vehículo.

Parece ser que, ademais desta actuación urxente, o ente público está a barallar botar unha capa de rodadura aos 500 metros, tendo en conta que a obra de remodelación do peirao vaise retrasar considerablemente. Ã? unha decisión lóxica, pois o firme deteriórase cada vez máis e non podemos estar con este perigo tanto tempo.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.