??Cos primeiros cartos que gañei no Concello contratei a unha persoa para limpar Ponte Valga? .

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Na Casa Consistorial de Valga Amalia Milagros Souto Meniño recorda, aos seus 70 anos de idade, as súas experiencias na política local. Faino rodeada das fotografías de todos os alcaldes da historia do municipio, que penden das paredes do Salón de Plenos. Unha delas é a do seu avó, Xosé Meniño Caramés, que dirixiu o goberno local entre 1938 e 1940. Foi alcalde ??a dedo?, di con sinceridade, pero quizais ese precedente axudou a que xermolaran nela as gañas de traballar pola súa vila. ??Creo que o levaba no sangue. Á miña nai tamén lle gustaba moito e transmitéunolo a todos?, lembra. O camiño parecía aberto para que Milagros acabara desempeñando un labor político, aínda que sen esquencer o que foi o outro gran eixo da súa vida: a farmacia.
Aos 18 años Milagros nunca pansaría que o seu destino estaba nunha botica. ??A miña ilusión era estudar, pero eramos seis irmáns e miña nai estaba viúva, polo que non había posibilidades?. Fixo labores e, un bo día, chamárona para substituír a unha rapaza na farmacia de Ponte Valga. Os comezos non foron, nin moito menos, alegres. ??Paseino moi mal porque non tiña os coñecementos suficientes para dar unha medicación?, pero pouco a pouco ??funme encariñando coa xente e, entón, si que foi marabilloso?.

Daquela as farmacias non tiñan moitas ventas. Non se tomaba tanta medicación como agora nin había moitos doutores. O traballo de auxilar, o que desempeñaba Milagros, consistía en facer visitas a domicilio para ??pinchar, mirar a tensión e facer curas?. Estas tarefas levábana a percorrer todo Valga e Pontecesures nunha época na que os viais eran casi inexistentes. ??Non había pistas nin medios de transporte. Eu ía coa miña bicicletiña e cunha lanterna. En ocasións algún devoto levábame en moto ata Os Martores?, pero a viaxe non era precisamente agradable. ??Unha vez a pista esta tan chea de baches que pensei que chegara desfeita?, di entre risas.

A raíz do seu oficio na farmacia ??collín moita amizade cos do Concello, era a súa nena?. Sendo alcaldes José Gil, Daniel Ramos e Dona Lola (Dolores Abuín Martínez­ ??concurría moito? no Consistorio. ??Ía pedir cousas porque coñecía os problemas do municipio e, ademais, aínda que non había cartos, sempre tentei buscar o progreso?. Así foi que a súa participación sociocomunitaria comezou a medrar e foi nomeada alcaldesa de barrio da zona de Baño. ??Xuntaba aos veciños nas fins de semana e íamos desbrozar e arranxar camiños?. Desta época é unha das experiencias que lembra con máis orgullo e que más satisfación lle causou. ??Había unha nai e unha filla que tiñan a casa derrubada e eu pensei: se puidera facerlles unha casiña…?. E logrouno. Coa solidariedade veciñal e empresarial construiuse un inmoble en Baño ara esta familia. ??Os sábados ía xuntar albaneis e a pedir materiais? a empresas como Hormadisa ou a desaparecida Novo y Sierra. E así conseguiu cumprir a súa ilusión, aínda que lamentablemente esa nai e a súa filla nunca puideron chegar a disfrutar dese novo fogar. ??Puxéronse moi maliñas e tiveron que ir para o asilo?.

Foi nas primeiras eleccións da democracia cando Amalia Milagros Souto Meniño deu o salto definitivo á política. ??Os da UCD foron a por min. Eu non quería, pero miña nai e o xefe empurráronme. Cría que ía ser conflictivo, pero teño que dicir que non, a xente foi estupenda, aínda que eu metera a pata constantemente…?, recorda con cariño. Con Albino Ferreirós como cabeza de lista, Milagros concurreu como número dous e venceron aqueles comicios. Convirteuse así na primeira muller valguesa en entrar en política, una etapa que se prolongou durante máis de nove anos. ??A nosa misión, daquela, era traballar forte, sen cartos e cambio de nada?. Tal era así que ??os primeiros cartos que cobrei do invertinos en pagarlle a unha persoa para limpar Ponte Valga, porque nin para íso había?. Acondicionar pistas era unha das súas prioridades porque ??había nenos que para ir ao colexio tiñan que andar un ou dos quilómetros? e a outros lugares nin podían acceder vehículos para recoller a enfermos ou parturentas, ás que ??tiñan que levar sobre unha esqueira?. Milagros defende o labor que fixeron aínda que, ao ser Valga un municipio ??tan grande, ás veces non se vía o traballo e a xente dicía: estes non fan nada… ¡Iso era o que máis me rebentaba!?.

Tampouco se esquece da tensión das citas electorais. ??Poñíame enferma, pero despois collía tanta forza…?. Non sen certo arrepentimento fala dalgunhas artimañas que utilizaba para captar votos. ??Andaba coas papeletas no aparato da tensión? para repartilas polos domicilios que visitaba. ??Daquela xa tiña un R5 e dicíalle á xente? que ía votar ??non vaiades andando, que vos levo. ¿Non queredes cambiar esas papeletiñas? E dáballe a miña. ¡Deus me perdoe!?, di agora con perspectiva.

Pero iso cambiou radicalmente na terceira vez que concurriu ás eleccións. ??Eu non quería ir na lista porque me resultaba moi forte por cuestións persoais. Pero insistíronme tanto…?, que finalmente aceptou. ??Fixen unha campaña legalísima. ??Votade a conciencia??, dicíalle á xente. Case lle fixen o traballo aos outros? ­di en alusión aos contrincantes políticos­. Ao final, as cuestións persoais puideron máis e pasado apenas un ano de lexislatura ??dimitín, porque era moi forte para min. E volvín ao meu niño: á farmacia ­que daquela xa estaba en Baño­, coa familia e coa xente. Compensoume porque recuperei todo o que perdera?.

Pero isto non quita para que lembre a súa etapa política como ??unha experiencia moi boa. A pesar dos pesares son amiga de todos os compañeiros que tiven e animo a toda muller que queira entrar en política a que o faga, por moitos comentarios que haxa, porque unha síntese realizada e satisfeita cando traballa con honradez?. Dende logo, a súa tarefa caracterizouse sempre por ser honesta, afirma, mentras non dubida en sinalar a algunos dos compañeiros que máis traballaron por Valga naqueles tempos. ??Albino Ferreirós, Gonzálo Barral, Constantino Taibo e Eugenio Potel traballaron moitísimo, e iso que non había medios nin subvencións?. Tampouco resta ningún mérito ao actual rexedor, Xosé María Bello Maneiro, que foi daquela contrincante seu. ??Valoro o labor de Maneiro, que está traballando duro e consegue moitas subvencións?.

DIARIO DE AROUSA, 26/02/11


2 comentarios

Xitano · 26-02-2011 a las 10:37

Non te preocupes Milagros, túa sobriña seguirá teus pasos, parece ser que vai na lista con Sabariz, eso sí, no concello veciño.

Luis Angel Sabariz Rolán · 26-02-2011 a las 11:12

La composición de las listas siempre da lugar a habladurías y comentarios. Déjate de invenciones «Xitano» y preocúpate de los tuyos.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.