O PONTECESURES C.F. DE FUTBOL SA NON ACADOU A VICTORIA EN VIGO. ESTE VINDEIRO SÁBADO PODEN ACADALO EN PONTECESURES.

Publicado por fru o

O equipo ia gañando 0 a 2 en Vigo, e de ter quedado así, serían matematicamente campións da liga provincial. Pero na 2ª metade, os locais do “Lume Demostra” acadaron o empate a 2 co que acabou o partido. 

Así pois, este sábado en Pontecesures, diante da afición, o equipo ten unha nova posibilidade de acadar a victoria, co que se proclamarían gañadores desta liga.

Ademais, hai que ter en conta que o 2º clasificado, o CAFvD de Pontevedra xoga na casa do 3º, o Seriprint de Moaña, polo que as posibildades dos pontevedreses de superar ós cesureños pasan por gañar nese dificil campo.

A clasificación é a seguinte, cando quedan 2 partidos:

 

Este sábado todos ó pavillón a animar ós chicos de Marcos “Pichi”. E a ser posible disfrazados de siareiros. Un título está en xogo.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.