A Pascua superou todo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Nin a inseguridade climatolóxica, nin a folga de recollida do lixo, nin o grupo antitaurino impediron que un ano máis Padrón, tras celebrar coa solemnidade de rigor a Semana Santa, festexase con todo esplendor o amplo programa pascueiro converténdose no punto de atracción para milleiros de visitantes que ateigaron prazas e rúas ata o máis pequeno recuncho urbano con xentes dende os máis afastados e diversos lugares e ós que se sumarían asemade centos de peregrinos que principalmente pola ruta portuguesa acudiron facendo o Camiño de Santiago a visitar os lugares padroneses dándolle na igrexa parroquial de Santiago Apóstolo o abrazo ao Pedrón, excelso símbolo xacobeo.

Como sempre, historia, tradición e as festas venceron por encima de todo as posibles dificultades situando Padrón por uns días na «capital de Galicia».

Desde o pregón no que José Antonio Pérez Docampo, subdirector de EL CORREO GALLEGO, refiriu as lembranzas da súa infancia coa veciñanza da Trabanca de Abaixo, compañeiros de xuventude e o amor a todo padronés, pasando pola feira de cabalo, o festival dos touros e o resto do amplo programa que Cultura Municipal e comisión de festas ofertaron coa novidade da feira dos Cinco Continentes, etc. Todo estivo referendado polo éxito, coma o remate coa xornada dos actos dos Fillos e Amigos de Padrón de antonte, Domingo da Pascuíña, coas distincións da Irmandade ós persoeiros e persoeiras como cada ano elixidos no medio da grande emotividade que sempre entrañanistas celebracións .

Pero noutro sentido e xa pasadas as festas, dá e paso ó cambio de ambiente que se troca agora no eido político coas elucubracións dos padroneses a cada máis idealizadas coa esperanza duns e o escepticismo doutros ante o próximo 22-M para o que xa os distintos e coñecidos partidos , PSOE, CIPA (actuais gobernantes), BNG, PP e PGD amosaron as súas candidaturas e listas electorais e ós que nesta ocasión vén sumarse o novo grupo de Cidadáns de Galicia (Cidega) que encabeza o mozo Andrés García Bustelo.

En definitiva, cada agrupación non deixou de rivalizar cos seus máis ambiciosos poxectos e promesas que, como é natural, o pobo de-sexará ver cumpridos .

Por José Castro Cajaraville
TIERRAS DE SANTIAGO, 03/05/11


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.