?s políticos padroneses.
De entre a pluralidade das promesas que os seis candidatos ??seis?? aspirantes a dirixir o Concello da capital do Sar nos anunciaron dentro dos seus amplos programas electorais votamos de menos un maior interese que consideramos deberían merecerlles os temas relacionados co tren de cercanías , a Fundación C.J. Cela ou a pista do Bordel, por citar algunhas prioridades.
Nembargantes é salientable, e así nos comprace en sinalar, a defensa que no primeiro caso ven amosando Luis Sabariz do ACP na veciña Pontecesures polo mencionado ferrocarril de cercanías de tanto interese para a cidadanía dunha ampla comarca de pobos e aldeas, principalmente entre Arousa e Compostela. Pola conservación dos fondos documentais da Fundación Cela,en Iria Flavia, xa o pobo se ten manifestado pola súa importancia para que non salgan de Iria tal como foi o desexo en vida do nos Nobel . Non se debe tirar a toalla.Nin perder unha vez mais o tren. En canto a isa estreita e mal asfaltada pista que comunica o vello casco histórico padronés dende a Porta do Bordel con Iria, salta a primeira vista a necesidade da súa urbanización tendo en conta ademais que facilita o acceso a centros como o servicio da Cámara Agraria da comarca do Sar, a estación de autobuses, tanatorio, un supermercado, cuartel da Garda Civil,unión coa outra pista a Estramundi, etc. e por onde percorren os numerosos grupos de peregrinos das rutas Portuguesa e de Mar de Arousa-Ulla que tras o abrazo ao Pedrón e visita os outros lugares xacobeos da vila padronesa por aquí seguen o Camiño de Santiago.
Problemas que non deben, non poden, seguir no abandono do olvido polo que esperamos que coma deciamos a quen corresponda a alcaldía a quen facemos patente os nosos parabéns co desexo dos maiores éxitos, non deixe de recuperar para a súa carteira de proxectos istas non menos prioridades das que coma tales anunciaron nos seus programas de precampaña electorais.
Por otra banda dicir que Padrón honrou a memoria do poeta monfortino Lois Pereiro o pasado Día das Letras Galegas con unha exposición organizada pola Asociación de Empresarios do Sar, coma tamén se lembrou na Casa-Museo de Rosalía, mentres que na Fundación Cela en Iria Flavia quedou asemade aberta ao publico ata o mes de agosto,outra mostra referente ao viaxeiro Cela, co tema Del Miño al Bidasoa.
José Castro Cajaraville
TIERRAS DE SANTIAGO, 31/05/11
0 comentarios