Arranxados os aparellos danados do parque biosaudable do peirao de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Dende hai varias semanas permanecían danados varios aparellos deste parque situado no paseo marítimo, fronte Nestlé. Tiñan algúns elementos fóra de sitio ou arrrincados, con tornillería solta e bastantes veciños demandaban o seu arranxo pois son uns aparellos ximnásticos moi utilizados. No día de onte operarios muncipais remataron os traballos de arranxo para ben de todos.

Categorías: Concello

2 comentarios

papagos · 12-08-2011 a las 11:02

Ten unha boa rede de informadores, a CIA non sabe de vostede, pero teñen que aplicarse un pouco máis. Os traballos de arranxo dos aparellos do muelle (danados desde que gobernaban vostedes) remataron onte día 11, non o día 10 como di na nota. A información ten que ser veraz.

Luis Angel Sabariz Rolán · 12-08-2011 a las 11:38

? unha boa nova que estean arranxados os aparellos do parque biosaudable. Co anterior goberno xa houbo dano en algún facéndose xestións para o arranxo. Logo xa con este goberno danáronse máis aparellos e agora foron arranxados todos. Non é cuestión de informadores «papagos», pois eu mesmo comprobei a primeira hora do día 11 de agosto que os traballos estaban realizados. Pode ser, como dís, que se remataran o propio 11, tampouco ten transcendencia. O importante é que están arranxados, que teñen moitos usuarios, e que a iniciativa do goberno local anterior de facer este investimento, subvencionado ao 100% pola Xunta e Galicia, foi un éxito para todos.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.