Equipos de fútbol.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Parecía un miñaxoia, abouxado polos seus amigos, gardado contra a o valado das burlas que lle espetaban. Con todo, ninguén ousaba poñerlle a man enriba, nin pasar das palabras, pero aquel cativo non se estaba divertindo nada. Os outros botábanselle enriba e berrábanlle cousas, mesmo o insultaban. O home que miraba para eles desde unha certa distancia estaba preparado para intervir se se dese o caso. Puxo atención ao que dicían, pero non daba pillado máis que palabras soltas. Logo decidiu achegarse un chisco coma se o seu paseo o levase con naturalidade cara alí e xa puido decatarse de que berraban con el por cousa dun partido que seguramente acababan de xogar pois o rapaz tiña un balón ben agarrado e non tiña trazas de querelo soltar. Ademais estaba vestido de futbolista da cabeza aos pés dunha inmaculada cor branca, mostra de que non participara en partido ningún pois non se manchara. Así e todo, polo que podía entender, falaban dun partido e acusábano a el de non teren bo perder e de practicar xogo sucio.

Custoulle fariña decatarse de que non se estaban a referir a un partido que xogaran eles, senón ao que disputaran o día anterior o Madrid e mais o Barcelona. Estaba claro porque o que máis lle apoñían ao pobre cativo era o feito de que o adestrador do Madrid lle metera un dedo no ollo a un técnico do Barcelona. O rapaz tiña que aturar todas aquelas invectivas coma se el fose un dos xogadores, cando a súa única culpa consistía en presentarse co uniforme completo do Madrid. Cando viu que aquilo non ía pasar das palabras e que o cativo se defendía ben, comparando a historia dun e doutro equipo, foise afastando a proseguir o seu paseo. Lembrou os seus anos mozos cando a maioría dos rapaces volvían polo equipo da capital, pero sempre había un ou dous que eran afeccionados ao equipo catalán. Hoxe hai máis equilibrio entre as afeccións. El fora dos primeiros, pero o que nunca lle confesara a ninguén é que lle gustaba moito máis o uniforme do Barça, todo colorido. O dos outros semellaba roupa interior.

Por Xavier Senín (Escritor)
EL CORREO GALLEGO, 31/08/11

Categorías: CulturaPersoeiros

1 comentario

Blanco · 2-09-2011 a las 20:23

Tampoco sabía que este cesureño Senin era escritor, muy buen texto, enhorabuena. Estas son las cosas buenas que tiene la pagina, nos enteramos de cosas que no sabemos, por lo menos yo, gracias administrador, gracias innombrable

Responder a Blanco Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.