Nota íntegra sobre o comezo da obra de iluminación da rúa Calera de Porto.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Con satisfacción recibe a ACP o comezo desta obra do PID da Deputación solicitada e xestionada polo goberno anterior, que é sufragada totalmente polo organismo provincial que adxudicou o investimento a SETGA por un importe de 51.067 euros. Así pois o Concello de Pontecesures non ten que achegar cantidade algunha.

Esta obra da rúa Calera de Porto é tremendamente necesaria. Conta está rúa co alumeado máis antigo de Pontecesures con diferenza e así nos invernos as avarías eran constantes co conseguinte prexuizo para os veciños xa que a pista quedaba a escuras en moitas ocasións. Ademáis os gastos de reposición de luminarias para o concello foron importantes nesta zona co cal vaise ter un aforro considerable no mantemento do alumeado publico municipal.

Tamén hai que destacar unha curiosidade, pois como unha marxe da rúa Calera pertence a Pontecesures e outra a Valga (onde hai tamén casas) pois o investimento tamén beneficia a varios veciños do municipio limítrofe.

Ata o de agora estáse a colocar a canalización soterrada e despois vanse colocar as farolas e as luminarias que irán dende o cruce da Cerámica Celta ata a cruce da rúa Calera coa pista que vai a Campaña (Valga). Precisamente preto deste último cruce, onde houbo un ancheamento hai tempo coa retirada en marzo pasado dun poste de Unión Fenosa, tamén será corrixida unha grave deficiencia que están a soportar os veciños, pois unha liña do tendido eléctrica vai case a ras de solo sobre unha finca particular co conseguinte perigo.

O goberno anterior sae así ao paso da acusacións que sufrimos dos actuais gobernantes. ? certo que quedaron facturas por recoñecer para afrontar, cos 329.000 euros de remanente de tesourería, facturas que non puderon quedar recoñecidas porque o exercicio non pudo cerrarse antes do 11 de xuño. Pero tamén é certo que quedou por facer está obra polo importe indicado, outra tamén de alumeado nas rúas Patifas, San Lázaro e Otero Acevedo por un importe de 36.000 euros (a piques de comezar) e as dúas obras de Medio Rural en San Xulián por case 40.000 euros (tamén a piques de comezar). Máis de 125.000 euros en obras sen aportación municipal algunha. Para estes temas de recoñecemento da xestión anterior nosa non convoca o goberno local roldas de prensa e sí reunións de veciños para anunciar estas novas dos investimentos e quedar ben ante eles.

Pontecesures, 14/10/11

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.