Comentario do alcalde de Valga sobre Manuel Fraga.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

José María Bello Maneiro:

«Deuno todo polo seu país. ? irrepetible. Traballador incansable que se preocupou e visto como se ve hoxe aos políticos (como algo corrupto) a súa imaxe de sensatez e seriedade en toda a súa traxectoria, é como para enmarcar».

DIARIO DE AROUSA, 17/01/12

Categorías: OpiniónPolítica

23 comentarios

Caminante · 17-01-2012 a las 15:58

Si, é verdade, o que daba eran tiros nunha cacería mentras o Prestige afundiase fronte a costa galega, por exemplo.
Está claro, que trala morte de algún recoñecido persoeiro, téndese a «dulcificar» a súa vida. Creo que a imaxe que se está a dar estes días da vida política deste señor, para min dicta moito da realidade. Pero bueno, igual son eu o que está equivocado… e a historia tamén, entendo.
Foi un franquista acérrimo que, iso si, soubo adaptarse aos novos tempos e englobar nun partido de dereitas a moitos franquistas reacios aos cambios da transicción. Isto si que llo recoñezo.
Agora ben, presentalo como un galeguista, como un home sensato… non sei, paréceme un pouco exaserado.

Princo · 17-01-2012 a las 16:19

Xa, a min tamen me fixo gracia cómo na TVG modificaban videos da súa época de ministro na dictadura… Xusto no momento en que ia facer o «saúdo» da época, cortaron e pasaron a outra cousa, non vaia ser..

Parece mentira que acabe de morrer un sinvergüenza que firmaba sentenzas de mortes a todo trapo, sen ser xulgado.. Un coñecido da miña familia, morrera polo simple feito de vir visitala súa familia dende Suiza..

    Caminante · 17-01-2012 a las 17:05

    Aquí, ao contrario que o ocorrido ca Alemania nazi ou a Italia fascista, o franquismo foi, é e será inmune aos tempos.
    Mira senón a situación de Baltasar Garzón por investigar, ou polo menos querer, os crimes do franquismo.

manolo o do bombo · 17-01-2012 a las 18:29

Completamente de acordo con caminante….

DANIEL SEIJAS S.L. · 17-01-2012 a las 21:55

Todos sabemos quen era Don Manuel, e sen entrar a valorar aquí a súa traxectoria política dende os dende os tempos da dictadura de Franco, gustariame moito que «Princo» me aclarase iso que di de Fraga de «Parece mentira que acabe de morrer un sinvergüenza que firmaba sentenzas de mortes a todo trapo, sen ser xulgado»…a que sentencias de morte te refires?Que eu saiba nunca firmou unha sentencia de morte, cousa que lle corresponderia ó presidente do goberno, ministro de gobernación ou o propio Franco,pero o caso e que Fraga foi ministro de Gobernación do rei don Juan Carlos I e baixo o seu mando en 1976 a policia cometeu grandes tropelias e matou a 5 persoas en Gasteiz…pero o das sentencias de morte,daquela xa non habia.

outro · 18-01-2012 a las 06:57

Parece mentira, Seijas, que pidas aclaracións sobre o que aquí se escribe. Xa deberías saber que hai xente que escribe o que lle peta sen mais.
«Mortes a todo trapo»… Ayyyyyyyyyyyyyyyy…..

papagos · 18-01-2012 a las 09:37

Totalmente de acordo con «Caminante» e «Princo». O Sr Fraga foi un personaxe con luces e sombras, pero no seu caso pesan máis as sombras. Do que non hai dúbida Seijas, e de que pertenceu a un goberno que firmaba sentenzas de morte, torturaba e mataba indiscriminadamente. Non é cuestión de entrar en detalles pero no 1963 o Sr Fraga formaba parte do consello de ministros que ratificou a sentenza de morte do comunista Julián Grimau. Algo se fixo moi mal neste país cando persoas con este pasado morren nás súas camas sen render contas ante a xustiza.

Caminante · 18-01-2012 a las 10:46

O señor Fraga non firmou sentencias de morte, ainda que cando o comunista Julián Grimau foi fusilado polo réxime en 1963 (ou no 62? non lembro) o papel de «don Manuel» foi a de xustificar este asasinato mentindo e difamando. Grimau foi torturado e arroxado dende un segundo piso atado de mans e pes… que fixo Fraga? Pois «informou»que este home de xeito «inexplicable» arroxarase ao vacío… voluntariamente.
Este señor nunca condenou este, nin ningún asasinato do réxime. Non é cómplice?

«Outro», creo que o teu é un pouco lamentable. Se falamos de Sabariz, malo. Se falamos doutros temas dando unha opinión, máis ou menos acertada, malo. Creo que nesta entrada o que escribe o que lle peta sen máis, es ti. Sempre es crítico con este medio e incluso fai uns meses anunciaches que abandonabas esta web. Por que voltaches dado o «nivel» aquí existente?

chorlito · 18-01-2012 a las 11:31

Con estos comentarios nin que estuvera a ver a serie de AGUILA ROJA,
con tantas sentencias de morte, torturas etc……. que descanse en paz e punto.

Princo · 18-01-2012 a las 15:33

«outro» non vale a pena decirche nada, xa «caminante» te puxo no sitio…

Seijas, é posible que él en persoa nunca as firmase, pero pertencia a un goberno que si o facia. E para min é igual de malo, ou peor incluso, o que segue unha putada, como o que a fai.

«Chorlito», con xente que pensa coma ti, asi estamos… dando exemplo de como recuperarse dunha dictadura, si señor… Eles matando durante anos, e agora temos que darlle o pésame?

outro · 18-01-2012 a las 17:30

Efectivamente, Caminante, o meu pode ser un pouco lamentable (é a túa opinión). Do mesmo xeito que eu creo que o teu é MOI lamentable.
Se falamos de Sabariz, malo, se falamos doutros temas dando unha opinión, máis ou menos acertada, malo. Creo que nesta entrada o que escribe o que lle peta sen máis, es ti.
E mira, unha cousa e ser cómplice ou se queres, ata partícipe dun delicto, pero de ahí a «firmaba sentenzas de mortes a todo trapo» penso que hai un treito. E esa afirmación é unha de tantas das que aquí se fan sen fundamento algún ¿non estás dacordo? ¿é esa unha opinión mais ou menos acertada? ¿pero é que estamos tolos? Semella que ti queres ser cómplice ou partícipe de afirmacións coma esa. Ti verás. E mira que se me fai raro, porque as tuas dúas primeiras opinións nesta entrada podo suscribilas letra por letra, e por iso non fixen comentario algún sobre elas.
E suscribo letra por letra os comentarios de Papagos e Chorlito, pero o de Princo, o collas por donde queiras, non ten sentido.
Ah, e dixen que me ía e funme. E volvín. E marcharei outra vez. E virei de novo. Todo CANDO ME PETE, non cando queira Caminante.
Pola miña banda, fin do conto.

Caminante · 18-01-2012 a las 23:10

Para rematar:
a) Por suposto que é a miña opinión. Den que ía ser entón?
b) Son complice das miñas ideas, das miñas opinións e de min mesmo. De ninguén máis.
c) A «caminante» lle é indefetente que te vaias ou que voltes. Nunca nada ao respecto dixo nin lle importa o máis mínimo.
d) Estás dacordo co comentario de «papagos», que a súa vez está dacordo con «princo»… logo agora es ti o complice?
e) E eiquí todos escribimos ás veces con máis ou menos fundamento, todos expresamos opinións máis ou menos acertadas, pero ante isto «caminante», se pode, intenta cun comentario aclarar o que el, que non ten porqué sela verdade absoluta, cree que é equivocado. E nunca xamáis, emitirá un comentario… como o teu.

«Chorlito», aguila roja emítese o luns ás 22:15 na primeira de TVE.

Princo · 18-01-2012 a las 23:50

Eu o que si sei, que este tipo defendeu un golpe de estado(demostrando así o violento que era) e en vez de ser simplemente dado como «non apto» para a política, agora ensalzámolo.
Hai moito que aprender de alemaña, por exemplo… Pensando así, defendendo esta xente, é como non podemos avanzar.

outro · 19-01-2012 a las 06:43

Mira Caminante, ti podes retocer o argumento todo o que queiras, pero iso non che vai dar a razón. Sen entrares ás cuestión puramente retórico-dialécticas, e cinguíndonos ó tema da entrada, aínda que Papagos dixo estar dacordo con Princo, as súas argumentacións son completamente diferentes. Mesmo o último comentario de Princo é moito máis razoable. ten fundamento histórico. O primeiro non. Pero iso non é porque o diga eu. E ahí é a donde vou. Entre que pertenceu a un goberno nacido dun golpe de estado, en que as liberdades foron cortadas de raíz, que tuvo luces e sombras… (os do PP falarán das luces, os demais só das sombras)… cousas nas que todo o mundo mais ou menos ten que estar de acordo… ata dicir eso de «sinvergüenza que firmaba sentenzas de mortes a todo trapo»… penso que non é a miña opinión, senon que pura a realidade é que non son a mesma cousa, e que esta última afirmación está fora de lugar. Non é o mesmo pertencer a un goberno que firmou algunha sentenza de morte, que firmar «a todo trapo» como se Fraga e Franco fosen a mesma persoa. E a ver se podemos deixar todo o demais aparte para centrarnos nisto. Pero é que mesmo a primeira parte do comentario, xa non dixen nada porque tamén é o de menos, pero é que a TVG non modificou vídeo algún e o mesmo Princo o aclara a continuación. Modificar un vídeo é unha cousa e cortalo antes de chegar ó final é outra cousa moi diferente
Caminante, eu non son cómplice de nada. Opino, e cando vexo algo co que non estou conforme, expreso a miña opinión tentando ser o mais preciso posible. E frases como as de «a todo trapo» teñen de todo menos precisión histórica. E agora podemos abrir unha nova entrada discutindo o significado de «a todo trapo».

papagos · 19-01-2012 a las 10:12

Sen ánimo de ofender «outro» creo que o teu primeiro comentario como mínimo é despectivo, ti poderás estar ou non de acordo cunha opinión pero intentar descualificar os comentaristas é propio de alguén que non ten argumentos e non é a primeira vez que o fas nesta páxina. Non entendo porque outórgaste o dereito a estar por enriba das opinións dos demais, coma se a túa tivese supremacía.
Eu suscribo os comentarios de «Caminante» e «Princo». O Sr Fraga desempeñou dende o ano 51 distintos cargos nun goberno que firmaba sentenzas de morte «a todo trapo», e no 63 votou a favor da sentenza de morte de Grimau no consello de ministros ao que pertencía, dedicábase como ministro da información a encubrir as barbaries do réxime, a difamar os torturados e asasinados, e ameazaba as súas familias. Para ti hai diferenza entre asinar, consentir ou votar a favor?, para min non. E dende logo Franco non podería dar o golpe de estado nin manterse no poder 40 anos sen os seus colaboradores. Y este é o pasado dun personaxe que por moito que se disfrazase de demócrata xamais desaparecerá da historia deste país a pesar do enxalzamento que fagan os seus seguidores.

gero · 19-01-2012 a las 14:58

Fraga dijo el día de la muerte de Franco que había sido «un gran hombre», «el mayor y más representativo de los españoles del siglo XX» y «uno de los mayores gobernantes que hemos tenido en nuestra historia».
A decir verdad Fraga era «franquista total» y el dia que afirmó esto de Franco o estaba drogui o borracho por no decir mal de la cabeza etc.
De todas formas que descanse en paz,

DANIEL SEIJAS S.L. · 19-01-2012 a las 16:22

«Princos» eu entendote.? normal que moitas persoas digan por ahí que Don Manuel firmou penas de morte, porque eso convertiuse nunha especie de lenda urbana creada polo seus adversarios políticos e os contos contados moitas veces acabanse facendo «verdade».Lendas urbanas coma esas hai moitas, coma a que di que na época de Franco estaba prohibido escribir en galego, outra mentira máis. Pero outra cousa é falar con propiedade e rigurosidade histórica, porque as historia non podemos cambiala por moito que non guste certo personaxe.
Tamén para comprender determinadas accións e importante velas cousas dende a perpectiva histórica. Certamente don Manuel era unha peza dentro do organigrama represor do Réxime Franquista, encargado da Ministerio de Información e Turismo, encargado de controlar e censurar a información e outras outras. ? inegable que pertenceu a un goberno que executou a represión e penas de morte, pero el que ía facer en contra, aínda non estivera dacordo con algunhas cousas? Aquelo era unha dictadura autoritaria, e quen mandaba era Franco é punto, nin ministros nin nada, eles facian o que Franco lles deixaba facer e sinon xa sabian o que lles quedaba si alguén atreviase a levarlle a contraria.

    Caminante · 19-01-2012 a las 18:46

    Non acabo de entender unha frase, ou vamos, non me queda claro.
    O señor Fraga pertencía a un réxime opresor que firmaba sentenzas de morte. A continuación escribes preguntándote que podía facer el ante isto. Se tan demócrata era, antes de firmar unha sentenza de morte, non puido dimitir? Por qué non o fixo? Quizais por qué estaba dacordo? Outros persoeiros da historia de España, así o fixeron antes de firmar unha sentenza de morte.
    Non creo que que sexa unha lenda que o señor Fraga firmou a sentenza de morte de Julián Grimau, é unha realidade histórica. E nunca, a pesar de vivir 36 anos en democracia se arrenpentiu deste asasinato e por suposto, nunca pideu perdón. E máis, incluso cando IU quiso restaurar a memoria de Grimau, o PP de Fraga, votou en contra desta moción no Congreso dos Deputados.
    Este era Don Manuel. Un franquista.

      papagos · 20-01-2012 a las 11:11

      Non serán os seus partidarios os que queren facer do seu pasado unha lenda urbana?, por desgraza os feitos están aí para dor das familias dos asasinados, torturados e represaliados polo réxime.
      Desde logo o que ten pouco rigor histórico é dicir «pero el que ía facer en contra». Sen dúbida podería facer o que di «Caminante», pero como mínimo podería ter mostrado un pouco de humanidade coas vítimas e as súas familias, desempeñou o seu cargo con moita man dura e con moita saña e xamais se arrepentiu de nada só se arrepentiu «do que non fixo».
      Cando exerceu de ministro da gobernación Franco xa estaba morto, el é o único responsable das tropelías cometidas con resultado de mortes.

outro · 19-01-2012 a las 16:57

? inútil. Agora resulta que eu non teño argumentos. Ten argumentos quen di que Fraga firmaba condenas a morte a todo trapo. Eso son argumentos.
E ten argumentos quen di a TVG MODIFICOU un vídeo, cando o que fixo, seica ca foi cortar a emisión antes do remate. Mirade, iso non son argumentos. Iso é lexico. E ahí remata a miña opinión. O resto da historia de Fraga está ahí, e uns veranlle todas as luces e otros todas as sombras. ? o de sempre.
Se queredes contestarme a esas dúas cuestións que son os motivos do meu comentario, que tampouco vexo eu que sexa descalificación. Só dixen que cada un di o que lle peta sen mais. Podemos seguir, pero é darlle voltas e mais voltas. A cousa é simple:
1 – Sentenzas a todo trapo
2 -Modificar un vídeo.
Caminante, vai ó diccionario e dime algo.

Princo · 20-01-2012 a las 16:08

outro, penso que non entendeches o meu comentario sobre o da TVG… aver, o dia que morreu, eu estaba comendo nun bar, e tiñan posta a galega. Pois ben, mirei, e estaban ensinando una selección de videos da historia de Fraga, a modo de resumo.
E o que vin é que, nun determinado momento, cando iba facer o saúdo franquista, no momento xusto que levantaba a man, cortaron o video e puxeron outro.

Con esto o que quero dicir, é simplemente que non entendo porqué hai que ocultar o que fixo este home antes. Non sei quen seria o iluminado da TVG que creeu que «tapar» ese xesto era o mellor.

Cara de cona · 20-01-2012 a las 20:05

Pero deixade en paz a don Manuel….que non levou un puto duro….humilde sempre…..mirade agora…..pepiño gasolineras Blanco……Correas…..Urdangas….Chaves o andaluz…fillo e filla…o bigotes……os ERES de andalucia do Psoe para ir de putas e de coca…..os traxes de Camps…..os do Igape…..Matas…..Blanco o do Bloque…….que mais queredes

Caminante · 21-01-2012 a las 20:13

Aquí ninguén estase a meter co teu don Manuel, para que teña ou teñamos que deixalo en paz.
Aquí estase a xulgala vida política do teu don Manuel, unha vida política que algún non consideramos tan «dulce», tan «limpia», coma se quere dar a entender.
E sobre isto estableceuse, na miña opinión, un interesante intercambios de valoracións.
Agora ben, se ti entendes que o importante é que «non levou un puto duro» omitindo calquer comentario sobre as sentenzas que «don Manuel», en consello de ministros, rubricou… non sei que pensar, ou menos ainda, dicir… ou si…
E home, a humildade creo que nunca foi a súa mellor virtude.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.