Carmen Pardo presentou hoxe en Meaño a Guía de cruceiros da ruta do mar de Arousa e Ulla patrocinada pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e mais o presidente da Federación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, Javier Sánchez-Agustino, presentaron hoxe a publicación tras a xuntanza do Padroado Ordinario da fundación creada en 1965

A publicación foi editada pola fundación e os 9.200 exemplares da guía distribuiranse entre os 22 concellos, institucións e organismos do eido turístico durante o período estival

Carmen Pardo durante a súa intervención Meaño, 9 de marzo de 2012.- A Secretaría Xeral para o Turismo, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo colabora coa Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla no patrocinio da edición dunha publicación titulada Guía de Cruceiros Xacobeos no Camiño do Mar de Arousa e Ulla.

No acto de presentación, que tivo lugar tras a reunión do Padroado Ordinario da fundación, que itinera por cada un dos 22 concellos que a forman, estiveron presentes, ademais dos alcaldes dos concellos representados, a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e mais o presidente da Fundación Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, Javier Sánchez-Agustino.

A publicación, da que se editaron 9.200 exemplares, recompila localizacións, información detallada, mapas e rutas, así como acontecementos históricos e fai un repaso polos cruceiros que conforman o único vía crucis marítimo-fluvial do mundo. Os cruceiros da Ruta Xacobea foron esculpidos inicialmente por Alfonso Sanmartín Abelleira nunha iniciativa promovida polo fundador da entidade, José Luís Sánchez-Agustino. Posteriormente, a Mancomunidade de municipios de Arousa Norte promoveu a colocación doutros catro exemplares realizados polo escultor de Porto do Son Cabeza Quiles.

Os concellos que forman parte desta fundación son: Boiro, Brión, Cambados, Catoira, Dodro, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, O Grove, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Pontecesures, Rianxo, Ribeira, Ribadumia, Rois, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Teo, Valga, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Dende 1965, pode percorrerse por mar esta ruta que conmemora a chegada a Galicia por mar do corpo do Apóstolo Santiago O Maior, logo de seu martirio en Xerusalén no ano 44. Anualmente, a fundación organiza a conmemoración da Traslatio a través da Ría de Arousa.

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, explicou que ??para a Administración Turística galega é moi importante apoiar iniciativas que contribúan á preservación do patrimonio material e inmaterial dos Camiños de Santiago e que manteñan viva a esencia do espírito Xacobeo?.

A guía dos cruceiros xacobeos desta ruta estará dispoñible nos organismos e entidades turísticas dos 22 concellos que forman parte da fundación, así como noutras dependencias turísticas de ámbito local, autonómico e incluso europeo.

PÁXNA OFICIAL DA XUNTA DE GALICIA, 09/03/12


1 comentario

juan cabeza · 18-03-2012 a las 11:48

Hola. Soy Juan Cabeza Quiles… nombrado en esta noticia……tengo que rectificar la información que dice que soy de Porto do Son….vivo en Porto do Son ,pero soy natural de Pontecesures….como mi padre , abuelos , bisabuelos…..a mucha honra, la misma que siento de vivir donde vivo.
Un saludo
Juan Cabeza
PD
teníamos una cabaña en el nogal de la factoría…a ver si no soy cesureño!!!!!!

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.