ACP pide ver tres facturas de arranxo de vehículos municipais por 3.876 euros.
Hai uns días solicitei ao alcalde por escrito autorización para consultar tres facturas do mesmo taller de arranxo de vehículos municipales (dúas do Nissan Patrol de Protección Civil que suman 2.220,93 euros e outra do camión de obras de 1.655,86 euros) co obxecto de comprobar, tendo en conta a considerable contía, a descrición dos labores realizados en ditos vehículos no taller.
Como o alcalde non contestou á petición no prazo de cinco días, considérase concedida por silencio administativo á mesma de acordo con normativa vixente e, deste xeito, fun hoxe á Casa do Concello para consultar as facturas pero non foi posible pois non estaban á miña disposición.
Non entende este concelleiro porque se obstrúe así o labor da oposición. Non procede a desculpa de que cos escritos meus altérase o traballo normal nas oficinas (explicación favorita do Sr. Álvarez Angueira). As tres facturas están nun expediente de modificación de créditos aprobada polo pleno en marzo pasado e tan só hai que indicarlle a este concelleiro onde están para comprobalas, e punto.
No día de hoxe solicitei que as facturas cuxa consulta foi autorizada por silencio administrativo se me poñan a disposición dunha vez por todas.
Dende logo nunca ocorrreron estas incidencias de obstrucción do labor da oposición nos catro anos do goberno anterior. Volveu o BNG ao goberno e volven xa este tipo de prácticas coa complicidade dos seus compañeiros de goberno, Roque Araújo (PSOE) e Ángel Souto (TeGa).
Pontecesures, 12/05/12
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures
6 comentarios
manolo o do bombo · 13-05-2012 a las 18:03
Unha vez mais facendo ó ridiculo ,eres como un neno pequeno que ten unha pataleta,ó teu non ten remedio vaia politiquillo…
palikero · 13-05-2012 a las 19:41
Non debera haber problema en facilitar a documentación que o concelleiro de ACP solicita, pero ningún. O non facilitala indica que hai algo que ocultar, e de non ser así, trátase dun absurdo por parte do equipo de goberno. Non se pode impedir o acceso a información a un concelleiro da oposición, facelo supón por parte do equipo de goberno unha falta de transparencia «moi grave», unha falta de claridade e de lealtade ante o pobo. Efectivamente na equipa de goberno hai tres grupos pero da a sensación de que uns mandan máis ca os outros, ou que éstes non se enteran do que fan aqueles…
Luis Angel Sabariz Rolán · 13-05-2012 a las 22:49
Un concelleiro da oposición que pide consultar unhas facturas non fai o ridículo, «manolo o do bombo». Precisamente é unha das súas funcións e nos sei a que ven o teu enfado.
papagos · 14-05-2012 a las 09:28
Dende logo Sr Sabaríz débese aburrir vostede moito, menos mal que o resto dos integrantes da oposición non se adican a facer o mesmo senón habería que dedicar un traballador en exclusiva para atendelos. Tranquilícese un pouco home, xa verá as facturas cando lle corresponda.
Xa sei que a vostede gústalle moito sementar dúbidas, falar de obstrución… pero eu recordo ao BNG na oposición, reclamándolle a vostede e a súa alcaldesa de 2300 euros as facturas da lamprea tres meses despois de celebrarse a festa, había tamén obstrución daquela Sr Sabaríz?
Luis Angel Sabariz Rolán · 14-05-2012 a las 16:34
Non da traballo ningún, «papagos» dicirlle a un traballador do concello que se poñan a disposición dun concelleiro tres facturas concretas que levan sete meses nas oficinas (cinco ou dez minutos, máis ou menos) e que foron pagadas en marzo pasado. Por certo, outro compañeiro da oposición (eu tamén) solicitou a información sobre o expediente deo mantemento da caldeira do CPI Ponteceures hai máis de tres meses. Aínda estamos esperando.
A petición xenérica das facturas da Festa da Lamprea 2009 foi un caso distinto porque cando se pediron o 10/06/09 por parte de Cecilia Tarela todavía faltaban algunhas e estaba pendente a concesión dalgunha subvención. Comunicouselle que se ía dar conta da información no pleno ordinario do 27/07/09 e así o fixo o responsable de cultura, daquela Jesús Rey Beiró. Houbo un debate moi animado con moitas intervención sobre os gastos e ingresos que foron expostos con total claridade. Sí houbo un fallo, pois a exalcaldesa nos cinco días posteriores á petición debeu comunicarlle a Cecilia Tarela a circunstancia de que non chegaran algúns documentos. O escrito notificouse, pero fóra deste prazo, recibimos a crítica da oposición e asumímola, que remedio. Agora ben, isto foi un feito aillado en materia de prazos, pois autorizamos todo tipo de consultas de documentos casi no intre de solicitalas.
pontecesurex · 15-05-2012 a las 12:07
Non sei como pode haber algen que critique que Sabariz pide facturas e explicacions por cousas que se fan, e a oposion e è o que ten que facer, inda lle tiñamos que dar as grazas senon aqui fai cada un o que lle peta.