El albergue de Pontecesures reabre en el día de hoy.
La ACP puede confirmar que en el día de hoy, 5 de julio, reabre el albergue de peregrinos de Pontecesures, cerrado desde el 22 de junio pasado por habérsele cortado el suministro de energía eléctrica al edificio, al tener una conexión que no cumplía la normativa, y no por obras como rezaba en el cartel de la entrada.
Por fin parece que el tema de la luz del albergue está en vías de solución. Con satisfacción recibimos la noticia considerando que tanto la carta de la ACP al Xacobeo como la nota a los medios considerando vergonzoso el cierre resultó fundamental para la reapertura. Esa es una de las funciones de la oposición.
19 comentarios
luis regaliz · 5-07-2012 a las 15:56
Si, creo que na resolución do roubo do Códice Calixtino tamén se contou coa colaboración do Sr. Sabariz.
Princo · 5-07-2012 a las 23:06
Efectivamente, menos mal que Saba mandou a carta. Que sería de nós!!
De feito, o colisionador de hadrons, ou como se diga, nunca habría descuberto o boson de Higgs, sen a colaboración da ACP.
Sigue asi Saba, os teus escritos moven o mundo!! ajajjaja
Caminante · 5-07-2012 a las 23:19
Isto do albergue da para outro Códice Calixtino… e máis, ata que curiosidade, hai algunha similitude… electricistas-electricidade, guía de albergues-albergue… pero… lástima, hai grandes diferenzas; o códice foi roubado e logo recuperado e os terreos do albergue foron regalados para logo facer un albergue «fantasma».
Unha pregunta que non me resisto a deixar de facerlle, señor Sabariz; cambiou o micrófono e o megáfono por un cornetín?
Luis Angel Sabariz Rolán · 5-07-2012 a las 23:53
Por muchas burlas o chistes, lo cierto es que la acción de la ACP activó la reapertura del albergue que es de lo que se trata. De fantasma nada, «Caminante», el albergue es una realidad y cada vez va a tener más peregrinos.
El gobierno anterior se propuso conseguirlo por ser beneficioso para la villa y para acabar con la problemática de salubridad y de seguridad que teníamos con un edificio ruinoso al lado precisamente de nuestro colegio. Se trabajó, se logró (como se lograron muchas cosas en el mandato 2007/2011) y para mi es una satisfacción.
Princo · 6-07-2012 a las 03:30
Cando non interesa, son burlas e difamacións. E si facemos chistes, é porque este tema o é.
Si queres crer o que che conveña, alá ti
sobreiras · 6-07-2012 a las 12:54
Pois sí, tedes toda a razón. Claro que os Sr. Sabariz participou na resolución do Códice Calixtino. Non tedes máis que mirar as fotos na prensa e ahí estaba o Sr. Sabariz o lado do Código, do Arcebispo, do Comisario Xefe de Policia de Patrimonio… pero era o Sr. Sabariz «COMISARIO»… ¿Como vos quedou o corpo?
Caminante · 6-07-2012 a las 16:09
Que datos manexa para afirmar que o albergue «cada vez va a tener más peregrinos»? Ou é unha simple suposición?
«Beneficioso para la villa»? Pode explicar en que? Pois supoño que saberá que un grupo de peregrinos non é un grupo de chinos (por por un exemplo) que veñen en autobús de turismo, non?
Por iso non acado a entender en que é «beneficioso para la villa». Os peregrinos sempre van querer durmir no albergue de Padrón antes que no de Cesures. Comprenderá que no camiño e na súa historia, Padrón ocupa un lugar privilexiado, principal e determinante. Por iso da inutilidade do seu albergue.
Luis Angel Sabariz Rolán · 6-07-2012 a las 18:42
O teu desexo é que fracase o albergue, «Caminante». Pois eu non o comparto e sempre defenderei o investimento conquerido polo goberno anterior porque reitero que é beneficioso para a vila, esta ben equipado e a xente que pasou por alí fala marabillas das instalacións.
Caminante · 6-07-2012 a las 19:27
«O teu desexo é que fracase o albergue»… en fin… nada que dicir.
Simplemente dígame ou explíquenos porqué o albergue é beneficioso para a vila.Prégolle o faga con argumentos.
Pero como seguramente non os ten, e sempre quere tela última palabra, recurre a falsos desexos e infantís suposicións.
Un pouco desafinado o seu cornetín, non cree?
Luis Angel Sabariz Rolán · 6-07-2012 a las 21:05
E que isto xa foi explicado moitas veces no pleno e nos medios (consulta a hemeroteca, «Caminante»). Falouse da recuperación dun espazo totalmente abandonado, de que non ten coste algún o mantemento para o concello, de que algúns dos peregrinos percorren a vila cando paran no albergue, de que se creou algún posto de traballo, etc…Non imos estar sempre co mesmo.
pulga · 6-07-2012 a las 22:35
Os peregrinos o unico percorrido que fan pola vila é para ir o Froiz, porque vense pasar cas bolsas para o albergue. Bueno e tamén os que pasan de largo sen parar. Ahora resulta que Cesures vai vivir a conta do albergue. Sabariz por favor non nos vender mais a moto porque xa está pasada de moda. Se o espazo estaba abandonado penso que habería outras solucions mais importantes para o pobo sin ser o albergue que ademais abreu despois do ano santo. Habendo un albergue en Caldas, outro en Valga e o de Padrón o de Cesures penso tamén que sobra. Pensamos nos peregrinos pero nadie pensou nos maiores da vila que non teñen donde pasar o día entretenidos. Que en Cesures hai moita xente maior sen non vos dechedes conta. E o anterior goberno nin o de agora parece que os ven. Ahí os deixo unha idea do que se poido facer con ese edificio. E non me veñas Sabariz ca escusa de que está fora do casco urban porque fasme rir. Que xa lle escoitei a mais de un decir que seria bo para eles.
Luis Angel Sabariz Rolán · 7-07-2012 a las 00:06
Pois que os peregrinos merquen en Pontecesures e bo, «pulga». O debate sobre o centro de día está desenvolvido dabondo neste medio e podes consultalo. ¿Que sería bo?. Ninguén o pon en dúbida. Terreos para facelo hai, pero o gran problema é quen financia a construción e como se mantén económicamente logo.
Princo · 7-07-2012 a las 10:53
Efectivamente, instalación totalmente inutil, e aumentada por ter a 1 kilometro(Valga) 2 albergues.. Estando Padrón tan cerca, case ningun para por Cesures. Unicamente os que veñen polo camiño, tomanlle algo na de Chaves e por ahi, e seguen o seu camiño.
Pero co que levamos de peregrinos, xa che digo eu que os que baixaron a cesures a comprar algo, contanse cos dedos dunha man.
Non sirve para absolutamente nada, pero o goberno anterior, con tal de lavar a súa imaxe facendo algo que crian «bo» e con tal de deixar deficit para futuros gobernos…
Luis Angel Sabariz Rolán · 7-07-2012 a las 11:05
Por esa regra de tres, «Princo» en Pontecesures non debíamos ter nada. O goberno anterior xestionou e conqueriu este investimento, agora hai que potencialo e publicitalo.
Por certo; de déficit para os futuros gobernos, nada de nada. Os gastos de persoal e funcionamento correspóndenlle ao Xacobeo e o concello non ten que achegar cantidade algunha.
papagos · 8-07-2012 a las 12:59
Seguimos coa demagoxia barata, verdade Sr Sabaríz?
Vostede e o seu nefasto goberno regalaron ao xacobeo o patrimonio de tódolos cesureños sen contar co consenso de toda a corporación que sería o mínimo esixible nun asunto de tal transcendencia.
Unha vez máis volve a mentir Sr Sabaríz, de entrada o concello ten que pagar 5000 euros para o enganche eléctrico e según parece o xacobeo ten problemas para pagar a súa parte por eso estivo cerrado o albergue, cóntelle a verdade aos veciños e de paso cóntelle tamén si o xacobeo vai pagar ao concello os impostos correspondentes cómo pagamos todos IBI, lixo… etc. Faga oposición rigorosa e non de tunante afeccionado á futuroloxía.
Luis Angel Sabariz Rolán · 8-07-2012 a las 13:23
Outra vez, «papagos» co tema do edificio do albergue. O goberno anterior xestionou e logrou que se fixera a instalación seguindo o expediente correspondente de acordo coa normativa. O goberno actual, que leva xa máis dun ano no poder, ten que facer xestión. Tes que lembrar que a conexión soterrada de enerxía para o albergue non é só para este edificio senón tamén para a nave municipal de obras. Non creo que agora o problema sexa o IBI ou a taxa de recollida de lixo. Ese tipo de xestións, defendendo os intereses do noso concello, debe realizalas o goberno local de acordo coa lexislación vixente e para iso cobran unha dedicación exclusiva tres dos seus integrantes. ¿Para que os queremos senón?.
En fin; neste tema que ocasionou o vergoñento peche do albergue en pleno verán o goberno local estivo na súa liña que é deixar pasar os días sen resolver os temas (que si o Xacobeo, que si Gas Natural Unión Fenosa, que si orzamento da obra civil do enganche, que a liña debe ir por alí ou por alá, que si os técnicos, que si a consignación orzamentaria, que si a intervención….). O de sempre: apatía, falla de ilusión, incapacidade en lograr acordos con outras administracións, desorganización, ineficacia, etc…
Princo · 8-07-2012 a las 16:03
Deixao papagos, él fala do seu e listo…
Se te fixas, en ningún momento nega que esté mentindo, como dis ti. Con eso xa está todo dito
papagos · 9-07-2012 a las 12:53
Outra vez e as veces que faga falta direille que vostede Sr Sabaríz, xunto co seu nefasto goberno, regalou o patrimonio de tódolos cesureños ao xacobeo. De acordo coa normativa dí vostede, faltaría máis Sr Sabaríz, faltaría máis, pero a normativa leva implícita a ética dos que a aplican claro que que saberá vostede diso.
Vostede é un manipulador e un falsario, resulta que o xacobeo cerra o seu edificio por problemas coa submisnistradora eléctrica e a culpa é do concello, cando hai arranxos no entorno do albergue encárgase vostede de deixar moi clariño que son a cargo do xacobeo, en que quedamos? de quen é o edificio?
Segue co disco raiado de que este goberno non xestiona, recórdolle que foi a xestión deste goberno a que reduciu a factura da conexión eléctrica á metade debido a que o seu nefasto desgoberno non tivo en conta na cesión do edificio «este pequeno detalle»:
http://www.pontecesures.net/2011/08/30/el-concello-ratifica-la-inminente-apertura-del-albergue-con-el-remate-de-la-red-electrica/
Faga oposición seria e rigorosa Sr Sabaríz e deixe de enganar aos veciños.
Luis Angel Sabariz Rolán · 9-07-2012 a las 15:02
E segues a darlle correa «papagos», porque todo está debatido e tratado neste medio. Claro que o albergue é da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e esta sociedade é a que afronta os custos de funcionamento. Do que se discutía o ano pasado era de que o Xacobeo dicía que a enerxía eléctrica debía estar ao pe da parcela cedida por ter a condición de solar segundo a normativa urbanística, mentres o concello dicía que os gastos da obra de levar o subministro a carón da finca debía afrontalos o Xacobeo. Como había que alimentar tamén a navel almacén muncipal de obras e a conducción era común para os dous edificios o goberno actual acordou que se asumise a obra ao 50%. ¿E dende aquela que, «papagos?. Pois que o goberno local estivo na súa liña que é deixar pasar os días sen resolver os temas (que si o Xacobeo, que si Gas Natural Unión Fenosa, que si orzamento da obra civil do enganche, que a liña debe ir por alí ou por alá, que si osque si os técnicos, que si a consignación orzamentaria, que si a intervención?). O de sempre: apatía, falla de ilusión, incapacidade en lograr acordos con outras administracións, desorganización, ineficacia, etc? Consecuencias, as coñecidas: vergoñento peche do albergue durante case 15 días en pleno verán.