RADIO VALGA 107.9 “INTERNACIONALIZASE MÁIS” COA EMISI?N ONLINE, E PALCO DE ESTRELAS ATRASA A PARTIRES AGORA A S?A HORA DE EMISI?N.

Publicado por DANIEL SEIJAS S.L. o

A emisora municipal Radio Valga 107.9, que dirixe Hector Bérmudez,dende o 31 de agosto comezou en probas a súa emisión en directo a través do seu novo portal web www.radiovalga.es . Polo tanto agora tódolos veciños das comarcas do Ullán, Caldas e A Mahía, que se encontren espallados polo Mundo adiante poderan ,simbolicamente, estar un pouco máis preto da súa terriña e enterarse das novas e do acontecer diario destas comarcas. Ademais disto nos vindeiros días Radio Valga 107.9 FM comezará as probas para poder mellorar e extender a súa cobertura a través da ondas.
Por outra banda, o programa decano das orquestras de Galicia “Palco de Estrelas”, dirixido e presentado por Daniel Seijas, pasara agora a comezar as 20 horas, en vez das habituais 19 horas , mantendose a súa emisión coma sempre os xoves (salvo que sexa festivo, que se adianta á véspera) ata a madrugada.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.