Segue a inseguridade cidadá: Roubanlle a carteira a unha muller en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Sobre ás 19 horas do día de hoxe, 17 de outubro, saía unha muller de Valga de mercar, coa carteira baixo o brazo, dunha ferretería situada na rúa Portarraxoi de Pontecesures. No caleixón que une a rúa Portarraxoi coa Avda. de Vigo (N/550), preto da porta lateral do establecemento a muller foi abordada por un home coa cara descoberta que a empurrou ata a parede do edificio botándolle a man á carteira e dicindo: “es una broma”, “es una broma”. Levou a carteira e fuxiu a correr con dirección á Avda de Vigo. Ao parecer a muller levaba preto de 100 ? na carteira. Personouse logo no lugar a Garda Civil que instrúe dilixencias.

Categorías: Sin Categoria

1 comentario

Tachenko · 20-10-2012 ás 00:21

A redacción, fantástica, periodismo puro….

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.