Retiran os restos da poda no parque infantil do peirao.
Logo das queixas da ACP e de veciños por deixar restos da poda das árbores no peirao perante varios días, foron retirados os desperdicios e os cativos xa poden desfrutar da instalación.
Agora quedan por retirar os restos das outras zonas do peirao onde levan amoreadas máis de dez días. Xa están practicamente secas as pólas e as follas e a impresión que se da en todo o paseo é lamentable. Esperemos que o goberno local reaccione dunha vez.
1 comentario
sobreiras · 15-11-2013 a las 16:29
E aínda decides que contratades xardiñeiros…¿ulos?. Dende logo preparación non teñen ningunha. A poda das árbores do peirao é moi prematura, pero só o facedes para non barrer. O máis triste e o que fixechedes coas plantas arredor do Concello, que por certo xa non quedan. Mellor arrincade todo e botade cemento. Había uns arbusto que no oitono póñenselle as follas encarnadas e podáchedelo todo, só lle quedaron catro follas. Os fiunchos cortados polo medio, ¡na miña vida tal vin!. As plantas crasas tamén cortadas polo medio. Os rosales podados sin ser o seu tempo. Moita limpeza. Ide limpar as vosas conciencias, que as tedes ben sucias. Os iris desapareceron , só hai terra. As dalias super podadas, que non dan máis flores. As cintias xa non están. O romero só ten os garabullos. A verdade, da un pouco de vergoña vivir neste pobo. E todo esto añadido as xardiñeiras que hai polo pobo que dan vergonza. De pena…