«Non entendo de política e nunca falo dela».

Publicado por Redacción en

José María Bello Maneiro opta á reeleción como alcalde de Valga, un cargo que ocupa dende 1991.

Non leva tanto tempo no cargo coma o seu veciño do sur, pero aí lle anda. José María Bello Maneiro, alcalde de Valga dende 1991, foi independente antes de ser popular, rebelouse -el nunca o admitirá- porque non lles facían caso e non votou os senadores que marcaba o seu partido ata que os seus resultados -calquera votación por baixo do 70% case é un fracaso- foron recoñecidos cunha acta de deputado provincial. Agora, o home tranquilo enfróntase a unhas eleccións ben peculiares. Por primeira vez en moito tempo, só terá un rival: o PSOE de María Ferreirós.

Bello di con retranca que, sexa como sexa, o único resultado posible desta volta é unha maioría absoluta en Valga. «Home -recoñece- a nosa aspiración é subir, sobre todo agora que non se presenta o BNG, pero sempre con todos os respectos para os veciños, que son quen deciden».

Neste mandato, aproveitando unha viaxe a Arxentina, dúas das súas concelleiras remodeláronlle o despacho para conmemorar que cumpría a idade de xubilación. «Eu sempre teño o despacho pechado. Cando volvín non abría a porta e non entendía nada. Cando lle dimos a chave, dentro estaban dous funcionarios, ¡querían ver a cara que puña!». Iso non quere dicir que na súa mesa non se sigan amoreando os papeis. Calquera diría que o seu son a radio e as carpetas, non Internet. Sorpresa. «Non, non, eu teño a miña táblet porque agora no móbil accedes a todo e case todo vai por correo, aínda que me gusta imprimir o que leo».

Gústalle tamén, asegura o alcalde, dedicarlle tempo á familia. Sobre todo aos seus catro netos, dos que está orgulloso. O sentimento, calcula, é recíproco, «senón non quedarían durmir na casa cando os traen os pais, ¿non?». De momento son novos -o máis vello ten doce anos- para pensar en política. Non así os rapaces do colexio Ferro Couselo que esta semana visitaron as instalacións municipais. «Aí si que algún amosaba formas». ¿Tirarían de coleta ou polo partido da casa? «Ben… Todos fomos novos, e a mocidade sempre é protesta, inquedanza». Resposta do país para unha confesión impactante: «Eu en realidade non entendo de política en absoluto e case nunca falo dela; eu sei de xestión e de interese xeral, pero nunca levo a política ao Concello».

A Bella Otero finou hai 50 anos. O rexedor tamén é Bello. ¿Terán algo que ver? «O meu pai é de Catoira e non hai relación familiar. Aquela muller era Bella, o meu é só unha forma de ser Bello».

«Aquela muller

da que falades era Bella [Otero]; o meu só é unha forma de ser Bello

24-M: la campaña

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.