Primeiro Padrón.
Na espera de acontecementos tralas municipais, e gobernen quenes gobernen dende o Concello padronés, pola nosa parte insistiremos, á marxe da cor política, na nosa liña de costume, prestando atención aos problemas e intereses do noso pobo: primeiro e ante todo, Padrón. Dito o cal, pasamos a facernos eco de que a veciñanza da zona Padrón Norte se amosa disgustada polo que considera falta de equidade, atención e abandono con respecto a outras zonas urbanas, sinalándose coma exemplo a rúa ou pista do Bordel, transitada a cotío por peóns e vehículos, con Iria Flavia e Extramundi, paso continuo de peregrinos, servizos a tanatorio, Garda Civil, estación de autobuses, supermercados, aparcadoiro, etc. A elo haberían de sumarse obras no río Sar ata Lamas, Pazos e Meana; a limpeza da canle do Sar reiteradamente anunciada; pintura de sinais e control do tráfico na rúa Real e a encrucillada dos semáforos… Como din algúns, mesmo parece que se tratara de dividir ó pobo; e mentras, o comercio da zona fai tempo vén acusando a situación moi negativamente.
El Correo Gallego
0 comentarios