Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Política

NOTA DO PP PONTECESURES SOBRE A MOCIÃ?N DE APOIO Ã? SECTOR LACTEO

Por populares de Pontecesures ·

No Pleno do pasado día 28 de setembro, parte dos que conforman o equipo de goberno, excluido Terra Galega que non a suscribiu, presentaron unha moción na que pedían o Pleno o apoio ó sector lácteo nas súas demandas.

O Partido Popular presentou unha emenda á moción na que compartindo o contido do que presentaba o equipo de goberno pedía que se incluira ademáis un par de puntos adicionais, un deles era solicitar á Consellería de Medio Rural a adhesión do Concello de Pontecesures á campaña de promoción do leite de calidade que promove a Xunta co nome de â??Galega 100%â?�

O outro punto era solicitar á Deputación de Pontevedra que elabore un plan de apoio ó sector lácteo para a mellora das explotacións gandeiras de Pontecesures, e en xeral as de toda a provincia, de maneira coordinada con outras administracións.

Tal como ven facendo o tripartito no goberno, de xeito casi automático dende que pactaron para gobernar,  votou en contra da proposta, , esta vez todo o equipo de goberno incluido Terra Galega que antes non tiña nin suscrito a moción, afirmando que en Pontecesures non hai explotacións lácteas e non hai nada que engadir á moción que tiñan presentada.

Asistimos unha vez máis ó descoñecemento que ten o equipo de goberno do pobo que intenta gobernar.

Na actualidade no Rexistro de Explotacións Gandeiras de Galicia (Rega), existen 31 cabezas de gando destinadas a producción de leite no concello de Pontecesures, todas elas nunha única explotación leiteira situada na zona de Grobas, pertencente claro está ó Concello de Pontecesures.

â??E pasmoso o descoñecemento da sra Tarela e dos seus socios de goberno dos asuntos que levan a Pleno . E casi cómico o feito de que en Grobas-Fenteira segundo o Instituto Galego de Estadística hai 29 veciños, hai máis vacas de leite que veciñosâ?¦. E dín que en Pontecesures non hai explotación leiteira algunha. Sorprende ver a Cecilia Tarela abanderando en Pontecesures a defensa dos gandeiros das comarcas  do Deza, Tabeirós e Terra de Montes, e vote en contra de apoiar ós do propio pobo que preside, e o que é máis insólito, ignora que existenâ?�

 

 

Juan Manuel Vidal Seage

Portavoz Grupo Popular

Concello Pontecesures

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.