O Náutico Pontecesures gaña a Copa de España de Jóvenes Promesas Infantil.
A canteira do Náutico Pontecesures continúa coa súa excelente tempada, na que aspira a copar parte importante das principais clasificacións por equipos tanto a nivel autonómico coma estatal. Neste último eido, o pasado sábado o equipo do Baixo Ulla facíase co triunfo na clasificación final da Copa de España de Jóvenes Promesas Infantil sobre 3.000 metros, disputada no encoro zamorano de Villalcampo.
O N. Pontecesures sumou un total de 2.588 puntos, polos 2.316 do E.P. Cidade de Pontevedra, segundo, e cas Torres-Romaría Vikinga completando a presenza galega no Top-10 con 965.
A nivel de embarcacións, o club gañador contou con catro pratas. As de Lucía da Costa no K-1 B, Iria Romero en C-1 A, Rodrigo Abalo e Alfonso Álvarez en C-2 B, e Ayelen Rosende Di Battista e Iria Romero en C-2 A. Estas dúas últimas, por diante das padexeiras do Breogán do Grove e irmás Carme e Lola Cerviño Fraga.
Tras a Copa de España o Náutico Pontecesures e o As Torres-Romaría Vikinga presentaránse o 30 e 31 de xullo ao Campionato de España da categoría en disposición de pelexar o título na Liga Nacional de Jóvenes Promesas, ambos empatados no terceiro posto da clasificación provisional con 390 puntos. O Náutico Sevilla é líder con 396 e o C.P. Aranjuez segundo con 392.
La Voz de Galicia
0 comentarios