Acusacións entre o BNG e o PP de Pontecesures onte nas redes sociais.
A día de hoxe, 29 de xullo, está sen constituir a BRIGADA DE INCENDIOS, responsable de levar a cabo as tarefas de limpieza, prevención máis extinción no noso concello. O equipo de goberno, atarefado en temas máis importantes, como a visita de Feijoo e o seu paseo en bicicleta, deixou pasar o mes de xullo, con temperaturas especialmente elevadas, sen darlle nengunha importancia á posta en marcha da brigada.
Cal é a nosa sorpresa cando, preguntando por este tema no pleno do pasado martes, o señor Seage e o seu equipo de goberno amosaron unha actitude de prepotencia e chulería propia daquelas persoas ás que non lle preocupan máis que os seus propios intereses.
Ademáis de non dispor todavía de brigada, recibimos con ESTUPOR a nova de que se BAIXARÁN CONSIDERABLEMENTE OS SALARIOS DOS MEMBROS DA BRIGADA, pasando a ser os seguintes:
– PE?N: pasa de cobrar 960 euros o ano pasado a cobrar 750 este ano, é dicir 210 EUROS MENOS
– PE?N ESPECIALISTA: de 1020 a 817, 203 EUROS MENOS respecto ó ano pasado
– XEFE DE BRIGADA: de 1160 euros a 950, 210 EUROS MENOS que o ano pasado
Pero o que realmente nos indigna, é a resposta de Seage ante a pregunta do BNG sobre a baixada salarial, «PORQUE YO CONSIDERO QUE ES SUFICIENTE Y YA ESTÁ» .
? dicir, vimos de celebrar unha FESTA DO CHURRO na que se lle pagaron 330 euros A CADA POSTO máis 1100 o que elaboraba o chocolate por UNHA TARDE DE TRABALLO. Unha FESTA que, por moito que diga SEAGE, non tivo NENGUNHA REPERCUSI?N NA HOSTELERÍA LOCAL, xa que, fóra da Prazuela onde se repartían churros gratis á costa dos cartos de todos os veciños e CUXOS ?NICOS BENEFICIADOS FORON OS POSTOS QUE PARTICIPARON NA FESTA, non había ninguén.
Seage, que COBRA 1,300 euros ó mes por cinco horas de traballo ó día, e Cordo, que se embolsa 1,500 ó mes, consideran que é máis que suficiente que unha persoa que TRABALLA 8 horas diarias no monte, limpando, desbrozando, e realizando as tarifas propias de prevención e extinción de incendios, ? SUFICIENTE CON 750 euros
Menudo equipo de PREPOTENTES CLASISTAS.
BNG de Pontecesures
Como xa nos ten acostumbrado, o BNG Pontecesures volve a andar con algo de retraso….a pesares das frecuentes visitas á Casa do Concello da súa portavoz.
Onte 28 de Xullo asinouse a resolución de alcaldía para a contratación do persoal que formará a BRIGADA DE INCENDIOS.
Servizo que nos anos anteriores, cando había a posibilidade de que mediante a mancomunidade do Ulla-Umia estas brigadas costasen 0 euros ós cesureños, cal é o noso ESTUPOR que se decide obviar esa posibilidade e costeala a cargo dos cesureñ@s..
Para poder desempeñar estas labores, os costes das BRIGADAS DE INCENDIOS deberán percibir uns salarios acordes co resto dos concellos do Ulla-Umia: Caldas, Portas, Moraña, Cuntis…(algúns deles pouco sospeitosos de ser de dereitas…) e que en anos anteriores, cando en Pontecesures pagábamos 210? máis que o resto dos concellos das contorna, eles retribuían ás súas brigadas cos salarios acordados nesta resolución.
Populares de Pontecesures
1 comentario
Gas · 30-07-2016 a las 14:13
PP baixando soldos? Noticias frescas…