O BNG de Pontecesures critica a «inexistente» programación de Nadal
(Voz de Galicia 29/12) El objetivo, señala el alcalde, Juan Manuel Vidal Seage, es «dar algo más de ambiente festivo a la jornada».
«Algo más», ten razón o alcalde, porque o ambiente festivo no noso pobo é inexistente.Podíamos poñer un alumeado de Nadal que lle dera un pouco de vida ó pobo, o comercio, á hostelería. Convirán con nós en que lle quedou un pouco escaso, non? Eso sí, temos unha carpa plantada na Prazuela destinada a albergar a INEXISTENTE PROGRAMACI?N de Nadal dende o día 23 de decembro. Ah! as uvas! qué importa que as predicións atmosféricas deran, tanto para o fin de semana de Nadal como para o de fin de ano, ceos claros e despexados? Unha carpa viste moito, a verdade
Quedaron cartos e hai que gastalos, ¿en facer un programa con actividades gratuitas para os rapaces que se atopan de vacacións, como se fixo ata o ano pasado? Parvadas, en colocar unha carpa que sona como unha caixa rexistradora cada día que pasa (en canto vai sair esta broma?) amarrada con dúas pedras que ocupan a beirarrúa e impiden o paso da xente.
Obradoiros; sesións de cine polas tardes; torneos deportivos; teatro; actividades….todo GRATUITO. Así foi o programa de nadal do ano pasado (e anteriores), ofrecendo unha alternativa lúdica accesible para tod@s
Xa non falamos do fiasco da Festa de Bicicleta. Dende aquí aplaudir á concelleira de deportes polo acerto de trasladar o evento ó mes decembro; de seguir adiante cando se anunciaba choiva para todo o día; por discurrir unha parte do circuito a escuras (Porto) xa que nos metemos na noite; pola participación máis baixa de todas as convocatorias que se levan feitas e por cortarlle a rúa central do pobo ó comercio local a víspera de noiteboa.Parabéns, señora Espadas, amosan vostedes unha gran capacidade de organización e previsión en todas e cada unha das actividades que levan a cabo.
0 comentarios